-->

O alcalde Anxo Arca condena calquera tipo de discriminación no manifesto ‘Padrón con orgullo’

O goberno local amosou a súa preocupación polo aumento do discurso de odio na lectura do manifesto institucional // 

Comprométese a impulsar políticas locais de diversidade encamiñadas á eliminación da LGTBIfobia e a fomentar que todas as persoas poidan vivir sen medos e en liberdade // 

O rexedor estivo acompañado polas concelleiras Chus Campos, Mariló Saco, e Laura Horta e polo concelleiro Luis Mariño // 

O concerto de tributo a Queen puxo o colofón aos actos do Día do Orgullo LGTBI+ // 

20230630 Padron alcalde lee manifesto Dia Orgullo LGTBI+ 4

 

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, comprométese a impulsar políticas locais que eliminen a LGTBIfobia e a fomentar que todas as persoas poidan vivir sen medo durante a lectura do manifesto institucional ‘Padrón con Orgullo’. Coa declaración institucional e un concerto de tributo a Queen, o Concello pechou o pasado venres os atos oficiais para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+, que se celebra cada 28 de xuño. 
 
Anxo Arca, acompañado polos concelleiros e concelleiras Chus Campos, Mariló Saco, Laura Horta e Luis Mariño, recordou durante a lectura do manifesto institucional que o Día do Orgullo é unha data “para celebrar pero tamén para reivindicar” e amosou a súa preocupación polo aumento do discurso de odio. 
 
O goberno local insistiu na condena de calquera discriminación contra gais, lesbianas, bisexuais, persoas trans, intersexuais e demais membros do colectivo.
 
20230630 Padron alcalde lee manifesto Dia Orgullo LGTBI+ 2
 
“Recoñecemos o traballo de todas as persoas activistas LGTBI+, apoiando as súas accións a prol da defensa da igualdade e a loita contra a discriminación”, subliñaron no manifesto ao tempo que prometeron “impulsar políticas locais de diversidade encamiñadas á eliminación da LGTBIfobia e a fomentar así que todas as persoas poidamos vivir sen medos e en liberdade”
 
Despois da lectura do manifesto institucional, a praza Rodríguez Cobián acolleu tamén o concerto tributo a Freddie Mercury por parte da banda Bulsara.

20230630 Padron concerto Bulsara tributo Queen 1

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…