-->

Os concertos da Banda Municipal con Steven Mead e da Sinfónica de Madrid coa homenaxe a Jesús Fernández emocionan ao público padronés

O mestre e solista inglés fixo vibrar o venres co seu bombardino ao público presente no paseo do Espolón  ||  

Jesús Fernández, que se xubila en outubro, comezou a tocar na Banda de Padrón e foi o primeiro galego en formar parte da Sinfónica Municipal de Madrid  ||   

Como homenaxe ao percusionista de Dodro, a agrupación dirixida por Jan Cober estreou o pasodobre ‘Jefper’  ||   

O alcalde Anxo Arca entregoulle agasallos aos protagonistas dos dous concertos  ||  

 

20230630 Padron Concerto Banda Madrid homenaxe Jesus Fernandez 13

 

Padrón converteuse esta fin de semana en epicentro da música de banda con dous concertos que fan historia na vila. O venres, o solista inglés e mestre internacional Steven Mead acompañou co seu bombardino á Banda de Música de Padrón cun repertorio que fixo vibrar ao público presente no paseo do Espolón. A emoción continuou o sábado, coa primeira actuación na vila da Banda Sinfónica Municipal de Madrid dirixida por Jan Cober, que lle rendeu homenaxe ao percusionista dodrense Jesús Fernández. O Concello colaborou con ambas iniciativas e o alcalde, Anxo Arca, entregoulle agasallos aos protagonistas de ambas actuacións.

Jesús Fernández Fernández comezou a súa carreira musical na Banda de Música Municipal de Padrón baixo a dirección de Tomás Beteta Yarza. En 1991 o percusionista de Dodro deu o salto a capital, converténdose no primeiro galego en ingresar na Banda Sinfónica Municipal de Madrid, da que se xubilará o vindeiro mes de outubro.

20230630 Padron Concerto Banda Madrid homenaxe Jesus Fernandez 6

Baixo a batuta do clarinetista e director Jan Coberos máis de oitenta integrantes da Banda Sinfónica Municipal de Madrid interpretaron un repertorio moi aplaudo, que rematou con dous temas galegos, Negra sombra  e Ponteareas. Como homenaxe a Jesús Fernández, a agrupación estreou o pasodobre Jefper, composto polo seu amigo e compañeiro Joaquín Anaya

O Concello de Padrón colaborou coa iniciativa posta en marcha por Alfonso Fernández, percusionista da agrupación padronesa e irmán do homenaxeado, Luis Lois e a propia Banda de Padrón, para traer ata a capital do Sar á Banda Sinfónica Municipal de Madrid. Unha actuación seguida por centos de persoas que moitas cualificaron coma un luxo.

Ao rematar o concerto, o alcalde Anxo Arca, a concelleira Chus Campos e o director da agrupación padronesa, Braulio Cao, subíronse ao escenario para agasallar ao homenaxeado, á Banda Sinfónica Municipal de Madrid e ao seu director, Jan Cober, entregándolles un Pedrón, unha placa conmemorativa e figuras de Sargadelos. O concerto foi presentado por Lidia Gallas.

20230630 Padron Concerto Banda Madrid homenaxe Jesus Fernandez 1

Steven Mead, o venres coa Banda de Padrón

Jesús Fernández puido gozar na súa casa dunha despedida por todo o alto co concerto do sábado, e incluso veu realizado un soño: tocar co seu irmán Alfonso Fernández na banda na que comezou a súa carreira como percusionista. O venres, Jesús e Alfonso puxéronse ás ordes do director Braulio Cao como membros da Banda de Música Municipal de Padrón para acompañar ao mestre e solista inglés Steven Mead nun concerto que cativou ao público presente no paseo do Espolón.

Steven Mead é unha lenda e figura mundial tocando o bombardino, instrumento no que introduciu moitas innovacións, do que imparte cursos e master class en numerosos países, ademais de asesorar a moitos compositores.

O concerto que ofreceu o venres xunto á Banda de Padrón comezou co pasodobre Agüero, do mestre José Franco, e dúas pezas do compositor Philip Sparke.

Ao rematar, o alcalde, Anxo Arca, entregoulle a Steven Mead un libro de Galicia como recordo da súa estadía na capital do Sar.

Ademais de Anxo Arca e Chus Campos, nos concertos desta fin de semana estiveron presentes os concelleiros do goberno local Laura Horta, Luis Mariño e Mariló Saco. O alcalde de Dodro, Xabier Castro, asistiu ao concerto do sábado.

20230630 Padron Concerto Banda Steven Mead 16

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…