-->

As Escolas deportivas municipais e de actividades para adultos abren inscrición o luns día 11

A primeira quenda é para as persoas empadroadas en Padrón || 


Ofértanse ata 15 disciplinas coas novidades de ciclismo e de trail, para menores, e a escola de espalda para persoas adultas || 


O curso comeza o 25 de setembro ||

MicrosoftTeams image (3)

O Concello de Padrón pon en marcha unha ampla oferta deportiva para o curso 2023-24 das Escolas deportivas municipais así como de actividades físico-deportivas para persoas adultas. Ambas comezarán a súa andaina o 25 de setembro co remate previsto para o 20 de xuño. Ciclismo e trail son as novidades este curso para menores de idade, mentres que para adultos incorpórase a escola de espalda a oferta deportiva.

O programa deseñado polo Concello de Padrón, a través da concellaría de Deportes, en colaboración coa Deputación da Coruña, comeza o proceso de matriculación o vindeiro luns 11 de setembro para as persoas empadroadas no concello e a partir do 18 para o público en xeral.

No canto ás cotas para este curso 2023-24, os menores de 3 a 17 anos aboarán 40 euros de matrícula e 5 euros por actividade; á mocidade de 18 a 25 anos, 50 € de matrícula e 7 € por actividade; os adultos de máis de 26 anos, pagarán 60 € de inscrición e 10 € por actividade. O Concello de Padrón tamén contempla o carné familiar (matrimonio e fillos menores de 18 anos). Neste caso a matrícula para o curso completo será de 120 euros e 5, 7 e 10 euros por actividade. As familias numerosas terán unha bonificación do 10%.

O proceso formalizarase no Centro Social do Concello, situado no Campo do Souto e na Oficina de Deportes, poñéndose ao servizo da veciñanza os teléfonos 664 076 974 e 981 811 329 así como os enderezos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Para este curso, as Escolas deportivas municipais ofertan ata 15 disciplinas que van da motricidade á ximnasia rítmica, atletismo, tenis, voleibol, patinaxe artístico, xadrez e fútbol sala. O Concello incorpora este ano ciclismo e trail á oferta deportiva para menores.

Mentres, nas actividades físico-deportivas para maiores de 14 anos ofértase cardio-fit, fit-bike, tono, pilates, GAP-cardio, ximnasia de mantemento, hipopresivos, tenis, xogos populares-chave, ioga-relaxación e andainas, sendo a escola de espalda a novidade para o presente curso.

Tamén se inclúe na oferta deportiva para este curso a actividade física para maiores de 50 anos de ATEGAL-Aulas Sénior de Padrón. Neste caso, as persoas interesadas deberán contactar directamente coa oficina de ATEGAL Padrón (Centro Social ou no teléfono 611 030 451) e formalizar alí a súa inscrición.

1cartel jpg

2cartel.jpg

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…