-->

O Concello de Padrón investirá case un millón de euros na rehabilitación da escola infantil municipal ante o mal estado no que se atopa

Informes técnicos resaltan a insalubridade do inmoble, con humidades e goteiras nas aulas durante estes últimos anos || 

Mariló Saco: “A Consellería de Política Social apoia a decisión municipal ante o mal estado do edificio” || 

O Goberno Municipal facilitará o transporte e a flexibilidade na matriculación do comedor para garantir o servizo ás familias cos nenos e nenas matriculados || 

Anxo Arca:  “Non é unha situación sinxela para as familias, pero temos que primar a seguridade e benestar dos menores, incluíndo bebés” ||

20230822 Humidades na escola infantil de Padron 10

Unha das prioridades do actual goberno municipal era a posta a punto de todos os inmobles educativos antes do inicio do vindeiro curso académico. Na primeira rolda de preparación de centros educativos de Padrón, a concelleira de Educación Mariló Saco constatou o mal estado no que se atopa a escola infantil.

A concelleira Mariló Saco pediu un informe aos técnicos de urbanismo para avaliar a situación da estrutura municipal. Un informe que revelou múltiples deficiencias de illamento e mantemento histórico que producían non só humidades con mofo dentro do edificio, senón choivas dentro dos espazos das aulas. Este primeiro informe técnico calcula que o custe da obra debido ao avanzado deterioro ascenderá a case un millón de euros.

O actual equipo de goberno trasladoulle á Consellería de Política Social a situación de insalubridade ignorada polo anterior goberno municipal da escola infantil de Padrón. E dende o departamento autonómico responsable das escolas infantís “apoian a decisión do novo goberno de facer unha rehabilitación do centro para que cumpra a normativa actual e medidas de salubridade” sinala Mariló Saco.

20230822 Humidades na escola infantil de Padron 7

O novo centro non estará en uso ata o curso 2024-2025 e será asumido con fondos propios do concello. “Ademais, faremos unha ampliación duns 90 metros no patio para mellora dos servizos” asegurou a concelleira de Educación.

Por mor desta obra que durará meses e coas datas tan próximas ao inicio escolar, o servizo de escola infantil será trasladado provisionalmente: “buscamos o espazo más axeitado, que resultou ser a unitaria de Pousada, en Carcacía. Esta estivo en uso ata este ano e cumpre coas dimensións necesarias, ademais de ter espazos ao aire libre que non atopabamos no casco urbano preto da localización da actual da escola. O Concello habilitará autobuses, así como a apertura do prazo do comedor para ter unha maior flexibilidade pensando na conciliación das familias”.

20230822 Humidades na escola infantil de Padron 1

As familias están xa informadas da problemática trasladada nunha reunión celebrada recentemente. Segundo o alcalde, Anxo Arca, “non é a situación máis cómoda para as familias, pero a situación non se pode pospoñer como se viña facendo estes últimos anos. Estamos falando dun espazo onde teñen que estar as persoas máis cativas do noso concello, polo tanto, ten que primar a seguridade e salubridade. A nova escola infantil municipal será un centro de referencia na comarca”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…