-->

Libros Viaxeiros bota a andar de novo en Padrón cun taller sobre cacao e comercio xusto

A concelleira Mariló Saco participou e directivos de AMIPA participaron nesta primeira sesión ||

A obra de lectura fácil ‘Marcus Marc y la ruta del cacao’ será a primeira que se comentará este curso ||

O proxecto Libros Viaxeiros, da Oficina Municipal de Padrón, iniciou unha nova andaina este mércores 27 de setembro cunha actividade centrada no cacao e o comercio xusto, que tiña como obxectivo facer un achegamento á temática da primeira novela que se vai comentar. Trátase da obra de lectura fácil Marcus Marc y la ruta del cacao, de Nuria Martí Constans, publicada pola editorial Adapta.

Coa presenza da concelleira de Xuventude e Voluntariado, Mariló Saco, e unha vintena de participantes, entre os que se contan membros da Asociación AMIPA, persoas voluntarias e público interesado, a iniciativa Libros Viaxeiros comezou o novo curso cun taller sobre Cacao e comercio xusto impartido por persoal da ONG Solidariedade Internacional. O obradoiro serviu para que os asistentes puideran saber máis sobre a orixe, a produción os tipos ou a comercialización do cacao. Así mesmo, desfrutaron dunha cata a cegas de distintas variedades de chocolate.

O presidente da Asociación AMIPA, José Rodríguez; a xerenta, Begoña Suárez; e a educadora Sonia Paz contáronse entre as persoas asistentes.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…