-->

O alcalde de Padrón resalta os traballos realizados polo alumnado do obradoiro de emprego Comarca do Sar 2022 clausurado hoxe

Pavimentaron as prazas do Cruceiro e a de Pepe Domingo Castaño // Dez persoas formáronse en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e outras dez, en atención sociosanitaria // Anxo Arca entregou os diplomas e certificados xunto con Gonzalo Trenor e os alcaldes de Rois e Dodro //

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, presidiu esta mañá a clausura oficial do obradoiro de emprego Comarca do Sar 2022, no que se formaron vinte persoas de Padrón, Rois e Dodro nas modalidades de auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. No acto estiveron presentes o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e Dodro, Xabier Castro; e a concelleira padronesa de Servizos Sociais e Educación, Mariló Saco. Unha das mulleres que se formou neste obradoiro comeza o vindeiro luns a traballar nun centro sociosanitario.

“Fixestes un gran traballo en Padrón e a veciñanza está moi contenta. Tedes un gran futuro por diante e deséxovos moita sorte”, díxolle Anxo Arca ao alumnado de acabados ríxidos e urbanización, que puxeron novo pavimento nas prazas de Pepe Domingo Castaño (antes das Travesas) e na do Cruceiro (en Fondo de Vila).

O alcalde, que resaltou a presenza de mulleres neste obradoiro, destacou a cooperación interinstitucional entre os concellos e a Xunta para poder desenvolver este tipo de iniciativas. “Temos que ver as opcións de mellora para acertar coa selección de módulos para futuro obradoiros” que permitan seguir dándolle unha oportunidade laboral a persoas desempregadas, explicou Anxo Arca.

20231003 Padron Clausura Obradoiro Emprego Sociosanitario albanel 3

Gonzalo Trenor recalcou, referíndose ao alumnado, que agora “estades mellor preparados para traballar” en dúas especializades que teñen moita demanda. O delegado da Xunta na Coruña recomendoulle tomar a iniciativa e “manter unha búsqueda activa de emprego”, e lembrou que a taxa de inserción laboral dos obradoiros supera o 60 por cento.

As vinte persoas que hoxe recolleron os seus diplomas e certificados de profesionalidade estiveron formándose neste obradoiro de emprego cun contrato de formación e apredizaxe durante o último ano, ademais de facer prácticas en empresas da comarca.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, resaltou a importancia da colaboración entre os tres concellos da Comarca do Sar para desenvolver iniciativas como esta "que axudan a formar e a atopar un emprego á nosa veciñanza”.

O alcalde de Dodro, Xabier Castro, agradeceulle ao alumnado o seu traballo e a súa participación neste obradoiro e amosou a súa esperanza de que “todos e todas poidades atopar un emprego”.

Unha das alumnas do módulos de atención sociosanitaria comezará a traballar a vindeira semana, segundo informou a directora deste obradoiro, Ana Acosta.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…