-->

O Goberno Municipal de Padrón investirá 334.140€ no campo de fútbol de Estramundi

  • O Goberno Municipal do PSOE co voto favorable do BNG aproba a obra do campo de fútbol de Estramundi pese á abstención do PP

  • O proxecto técnico modificado do parque infantil en Rúa Vila de Rianxo queda aprobado no pleno do Concello de Padrón

  • O Concello de Padrón manterá os tradicionais festivos: Luns de Pascua (1 de abril de 2024) e o Día de San Xoán do Raio (6 de maio de 2024)

O pasado xoves 28 de setembro, o pleno do Concello de Padrón aprobou o Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+adicional 2/2023 2ª fase para gasto corrente de 34.169€ e investimentos novos ao POS+2023 polo que se levará a cabo a mellora do campo de fútbol de Estramundi con un custe total de 334.140€.

A aprobación da reforma do campo de fútbol de Estramundi, pese á abstención do PP, saiu adiante cos votos a favor do PSOE e BNG. O alcalde Anxo Arca afirmou “non só é o cambio da herba, o proxecto inclúe rego e drenaxe” prosigue “queremos unha actuación no campo de fútbol completa que garanta o bo estado para a practica deste deporte ademais dun futuro mantemento”.

Ante a pregunta do voceiro do PP, Antonio Angueira, pola elección desta obra e incremento do custe total, contestaban desde o equipo de Goberno “elixiuse este plan porque vai na liña de actuación do Goberno Municipal que pretende mellorar as instalacións municipais que se atopan nun estado moi precario debido á falta de mantemento que arrastran, ademais engadiuse rego e drenaxe ao proxecto porque sen isto o proxecto era insuficiente” e finaliza “ditas obras entran dentro da aposta clara polo fomento do deporte de calidade no noso municipio”.

Entre a orde do día estaba a aprobación do proxecto técnico modificado do “parque infantil en Rúa Vila de Rianxo” POS+2022. Este proxecto foi modificado polo Goberno Municipal do PSOE xa que non cumpría as especificacións técnicas dos elementos de madeira e o material adecuado do solo ao atoparse en paralelo do Camiño de Santiago.

Un dos puntos do día que foi aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos foron os festivos locais 2024, manténdose os tradicionais Luns de Pascua (1 de abril) e o Día de San Xoán do Raio (6 de maio).

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…