-
A praza de Macías acollerá unha tarde chea de actividades con obradoiros de decoración de cabazas, pintacaras e ‘disco monstruosa’
-
A partir das 19.00 horas, repartiranse castañas de balde
O Concello de Padrón organiza o vindeiro martes 31 de outubro unha gran festa de Samaín e de magosto á que convida a toda a veciñanza.
Na praza de Macías sucederanse as actividades e as propostas nun programa que comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de decoración das cabazas que os nenos e nenas leven das súas casas, e ata as 19.00 horas tamén haberá animación e postos de pintacaras para a rapazada.
A troula e a música comezarán as 18.30 horas cunha disco monstruosa que ata as 20.00 horas incluirá xogos, baile, pompas de xabón e globos xigantes.
Ademais, a partir das 19.00 horas, o Concello convida a castañas a toda a veciñanza que se achegue ata a praza.
En caso de chuvia, as actividades trasladaranse ao Pavillón do Souto.