-->

Anxo Arca destaca a traxectoria e o compromiso de Patricia Vázquez coa escena galega ao entregarlle o Premio Maruxa Villanueva

 

O alcalde de Padrón lembra o papel da actriz santiaguesa nalgunhas das series máis populares emitidas en TVG  ||  

O xurado valorou o “dominio actoral da comedia a través do manexo do ritmo e dos tempos, así como da oralidade da lingua” da galardoada  ||  

Patricia Vázquez recolleu o premio antes de representar no auditorio municipal ‘O porco de pé’, da que é protagonista  ||  

 

20231028 Padron representacion Porco de Pe Patricia Vazquez 22 

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entregoulle hoxe a Patricia Vázquez o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, a que cualificou como “un referente no mundo do teatro e do audiovisual na nosa comunidade, que destaca tanto pola súa longa traxectoria como polo seu compromiso coa escena galega”. A entrega do galardón coincidiu coa representación da obra O porco de pé, de Excéntrica Producións, da que é protagonista a actriz santiaguesa.

“Para min é un honor recibir este galardón”, dixo Patricia Vázquez, que lle agradeceu ao Concello de Padrón que “siga mantendo este premio e que sexa remunerado. É un dos poucos premios de teatro con dotación económica”, asegurou.

Coincidindo coa valoración do xurado deste prestixioso galardón, Anxo Arca, destacou a “traxectoria como actriz de Patricia Vázquez e a súa capacidade diversa de rexistros”, que pon de manifesto non só nesta adaptación do texto de Vicente Risco (referíndose a O porco de pé) senón tamén noutras coñecidas series como Pratos combinados, Mareas Vidas, Padres Casares ou Era visto!, e programas de televisión como Luar ou Land Rober Tunai Show.

Anxo Arca destacou na súa intervención a aposta que o Concello de Padrón ven facendo dende principios deste século para “resaltar o traballo de actores e actrices que dan pulo a nosa cultura e continúan o legado de ilustres escritores como Rosalía de Castro, o Premio Nobel Camilo José Cela ou a propia Maruxa Villanueva, que ademais dunha grande actriz atendeu e residiu na Casa Museo Rosalía de Castro durante moitos anos, e lle da nome a este premio”.

“A historia do teatro galego do século XXI podería explicarse, en grande medida, facendo reconto dos galardoados con este premio. Actores e actrices que enchen de vida os nosos escenarios e contribúen a facer máis grande a nosa cultura”, dixo Anxo Arca. Roberto Vidal Bolaño, Susana. Dans, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Xosé Manuel Oliveira Pico ou Pablo Reboleiro “son algunhas desas persoas premiadas en Padrón e que dan continuidade a grandes figuras como Valle-Inclán ou María Casares”, asegurou.

O xurado desta vixésimo segunda edición do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva recoñeceu coa súa decisión o traballo de Patricia Vázquez, unha das actrices cun percorrido máis destacado no teatro e no audiovisual galegos. 

 20231028 Padron representacion Porco de Pe Patricia Vazquez 6

Ademais do seu papel en O porco de pé (adaptación do texto de Vicente Risco dirixida por Quico Cadaval, que percorreu os escenarios o pasado 2022), o xurado valorou o “dominio actoral da comedia a través do manexo do ritmo e dos tempos, así como da oralidade da lingua”. Tamén destacou a “traxectoria como actriz” de Vázquez e a súa “capacidade diversa de rexistros, sempre cun sólido compromiso coa escena galega”.

Patricia Vázquez comezou a súa traxectoria no teatro nos ano 90 nunha produción do Centro Dramático Galego (CDG), compañía coa que traballou en varias ocasións ao longo dos seus 30 anos sobre os escenarios. A Compañía Estable, durante os anos noventa, Teatro da Lúa, Ollomol-Tranvía, a Escola Dramática Galega, Contraproduccións, RedRum e PT Excéntricas, da que forma parte na actualidade, integran tamén o seu periplo profesional. 

Patricia Vázquez é, así mesmo, un dos rostros máis coñecidos para o público galego polos seus traballos no audiovisual en series e programas emitidos en TVG. Tamén durante varios anos integrou o dúo Chapa e Pintura co actor Carlos Blanco, co que levou a escena Stand up Comedy

Ao comezo da súa intervención, Anxo Arca felicitou ao presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, que onte mesmo foi nomeado pola Real Academia Galega académico de número, para ocupar a cadeira que quedou vacante tralo pasamento de Salvador García-Bodaño. Anxo Angueira acudiu ao auditorio de Padrón para asistir a entrega do premio e á representación da obra de teatro.

 20231028 Padron representacion Porco de Pe Patricia Vazquez 16

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…