-->

Unha delegación padronesa viaxará ao Sáhara con axuda humanitaria

  • A misión encabezada pola concelleira Mariló Saco prestará apoio na rexión do 5 ao 10 de decembro

  • O goberno local agradécelle ás empresas, aos centros educativos e aos particulares a súa xenerosidade á hora de aportar material de primeira necesidade

  • A iniciativa busca proporcionar asistencia tanxible e sensibilizar sobre a situación do pobo saharaui

  • As restricións de espazo e de peso establecidas pola organización da misión humanitaria impediron un chamamento xeralizado

2

O Concello de Padrón recadou axuda humanitaria para a poboación saharauí, que lle será enviada a vindeira semana nunha misión humanitaria na que participará a concelleira de Servizo Sociais, Xuventude e voluntariado, Mariló Saco.

O salón de pleno acolleu este venres 1 de decembro o acto de agradecemento a todas as empresas, aos centros educativos e aos particulares que contribuíron nesta doazón. O alcalde, Anxo Arca, xunto as concelleiras de Urbanismo, Ana Belén Castro; de Participación cidadá, Laura Horta; e de Servizos Sociais e voluntariado, Mariló Saco, amosaron a súa satisfacción pola gran resposta do tecido social da vila á hora de colaborar nesta importante iniciativa. A delegación padronesa viaxará ao Sáhara do 5 ao 10 de decembro co obxectivo é brindar apoio ao pobo do Sáhara ante as necesidades críticas ás que se enfronta a rexión especialmente dende o Covid-19, cando moitos campamentos de refuxiados e refuxiadas perderon estrutura de axuda debido a pandemia e a imposibilidade de transporte.

Os colexios Flavia e Rosalía de Castro; as farmacias Nova e Baltar; a óptica Bragado; a zapatería Soletes; os Almacéns Eladio; Arañeira Informática; Berma Kiosko Patty; Librería Pensamentos; O Liño bordados; Peluquería Silvia's Look; Supermercado Froiz; A Palloza; e moitos particulares colaboran co envío de material. O Concello lamenta que non se puidese facer un chamamento xeralizado por mor das restricións de espazo e de peso establecidas pola organización da misión humanitaria a cada delegación.

O envío inclúe subministracións esenciais nos que se integran alimentos non perecedoiros e artigos de primeira necesidade como leite para os máis pequenos ou material educativo e mesmo doces co obxectivo de aliviar as dificultades que enfronta a poboación saharauí. A situación de extrema gravidade que padecen os campamentos de refuxiados fixo especialmente necesario o envío de medicamentos tan básicos como os ibuprofenos dos que carecen os hospitais.

O envío de material reflicte o compromiso do goberno local de Padrón cos principios humanitarios e a solidariedade internacional. Ademais de proporcionar asistencia tanxible, a iniciativa busca tamén sensibilizar á veciñanza padronesa sobre a situación no Sáhara e fomentar o compromiso con causas solidarias.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…