-->

Alcalde e arcebispo analizan vías de colaboración entre Concello e Igrexa nunha recepción oficial

A xestión do Camiño de Santiago e o uso de espazos eclesiásticos polo Concello, entre os temas abordados  ||  

Francisco José Prieto e o emérito Julián Barrio asinaron no Libro de Honra de Padrón  ||  

A visita á casa consistorial coincidiu coa Xornada Diocesana da Xuventude, que xuntou en Padrón máis de 400 mozos e mozas  ||

 

20231206 Padron recepcion Arcebispo Santiago no Concello 2

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, abordaron diferentes vías de colaboración entre ambas as institucións durante a recepción oficial celebrada na casa consistorial coincidindo coa Xornada Diocesana da Xuventude que o pasado 6 de decembro xuntou en Padrón máis de 400 mozos e mozas. Na reunión tamén participaron o arcebispo emérito, Julián Barrio, a tenente de alcalde Chus Campos Varela e o párroco e arcipreste Roberto Martínez.

Anxo Arca destacou a vontade e o esforzo por tender pontes de entendemento e colaboración entre ambas as institucións. "É o noso deber dedicar todo o esforzo que sexa necesario para acadar espazos de respecto e concordia así como establecer canles de comunicación fluída que nos permitan colaborar de xeito mutuamente enriquecedor", afirmou o alcalde. Anxo Arca fixo referencia na súa intervención á importancia de Padrón na tradición Xacobea.

Francisco José Prieto agradeceulle ao rexedor a acollida por parte do Concello de Padrón e destacou valores constitucionais como o respecto á liberade relixiosa en tempos de confrontación. O arcebispo destacou a colaboración municipal para organizar a Xornada Diocesana da Xuventude, na que participaron máis de 400 persoas da diocese.

Despois de asinar no Libro de Honra do Concello celebrouse unha reunión de traballo. Anxo Arca e Chus Campos abordaron cos dous arcebispos e co párroco e arcipreste Roberto Martínez cuestións como a colaboración entre o Concello e a Igrexa para a restauración, conservación e posta en valor do patrimonio histórico e artístico de titularidade eclesiástica, a revisión e seguimento dos convenios actuais entre ámbalas dúas institucións, a xestión do Camiño de Santiago ou o uso de diversos espazos de titularidade eclesiástica por parte do Concello.

Na recepción oficial tamén estiveron presentes membros da Corporación; a sarxento da Garda Civil e comandante do cuartel de Padrón, Almudena Fernández Alborés; a presidenta da Confraría das Dores, Carmen Blanco Arca; e representantes da Confraría do Santo Enterro e de Cáritas de Padrón.

20231206 Padron recepcion Arcebispo Santiago no Concello 5

 

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…