-->

Iñaki Túrnez gaña o XXXIII Premio Literario Camilo José Cela coa obra ‘Divina Apostasía’

O xurado destacou este relato pola contemporaneidade, a intensidade descritiva dalgunha das escenas así como o manexo do elemento sorpresa que o dotan dun estilo cru e vangardista”  ||  

O gañador, natural de Bilbao, recibirá unha achega económica de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa  ||  

O alcalde e presidente do xurado, Anxo Arca, subliña o significativo número de relatos que se presentaron nesta edición así como “o aumento notable da súa calidade”  ||  

 

Inhaki Turnez garciaO bilbaíno Iñaki Túrnez García proclamouse gañador da trixésimo terceira edición do Premio Literario Camilo José Cela, convocado polo Concello de Padrón, coa obra Divina Apostasía. Neste 2023 presentáronse un total de 119 relatos procedentes de toda España, un dato que sitúa a este certame de narrativa creado no ano 1989 como un dos concursos máis consolidados das letras nacionais.

O galardón, que está dotado cunha achega económica de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa, confirma o firme compromiso do goberno local coa cultura e serve de homenaxe á figura humana e literaria do Premio Nobel. 

O alcalde e responsable da área de Cultura de Padrón, Anxo Arca, presidiu o xurado, do que formaron parte ademais Carlos Arias Iglesias, funcionario da Xunta de Galicia, escritor e gañador do concurso na segunda edición; Beatriz Vázquez Lorenzo, licenciada en Filoloxía inglesa; Inés Mosquera Calvo, mestra de Educación Primaria e investigadora do Centro Ramón Piñeiro; Esteban Folgar Brea, profesor de lingua e literatura do IES da Estrada; Covadonga Rodríguez del Corral, directora xerente da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e M.ª Cruz Taboada Álvarez, funcionaria do Concello de Padrón.

Trala reunión mantida no salón de plenos da casa consistorial, o xurado valorou do texto gañador “a contemporaneidade do relato, a intensidade descritiva dalgunha das escenas así como o manexo do elemento sorpresa que o dotan dun estilo cru e vangardista”. 

Anxo Arca quixo subliñar ademais o significativo número de relatos que se presentaron nesta edición así como “o aumento notable da calidade dos mesmos”.

Iñaki Túrnez, que participou no certame co pseudónimo ‘Santa Comba’ en honor ás raíces galegas do seu avó, agradeceulle persoalmente ao xurado esta distinción que lle fai especial ilusión e supón un importante pulo para continuar a escribir. O gañador confesa así mesmo a súa especial vinculación con Camilo José Cela, o primeiro grande autor que lle impactou tras ler a obra A familia de Pascual Duarte sendo moi novo. 

Cunha ampla bagaxe xa como escritor, o bilbaíno admite que ‘Divina Apostasía’ é a obra máis “loca e irreverente” que escribiu nunca. 

Iñaki Túrnez García é diplomado pola Escuela Universitaria de Estudios Empresariales de Bilbao, cidade onte traballa como asesor fiscal. Ademais de colaborar en revistas literarias e en diversas antoloxías, conta xa con varios premios literarios entre os que destacan a XVI edición do Premio de novela breve Salvador García Aguilar coa súa primeira novela La chica de los juegos; a IX edición do Premio Encina de plata, con Piel de mail; ou o VIII Certamen internacional de novela corta Giralda coa obra No es tiempo de claudicar. A súa cuarta novela publicada, El portal de la desesperanza, foi tamén finalista do VI Premio literario Multiverso.

20231211 fallo xurado XXXIII premio Camilo Jose Cela

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…