-->

Os Reis Magos encherán de maxia as rúas de Padrón na tarde do 5 de xaneiro

  • A cabalgata partirá da N-550 ás 17.00 horas 

  • As Súas Maxestades realizarán a ofrenda ao neno Xesús e serán recibidas pola Corporación Municipal

  • O percorrido rematará no polideportivo do Souto co encontro coa cativada

Xa queda menos para que as Súas Maxestades de Oriente visiten Padrón. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán o vindeiro venres 5 de xaneiro as rúas do concello nunha cabalgata que inclúe cambios no seu percorrido con respecto a outras edicións.

A comitiva real chegará á vila está prevista para as 17.00 horas pola N-550 para compartir sorrisos, ilusión e sobre todo moita maxia entre a cativada da vila. A cabalgata pasará pola Avenida de Compostela; As Lágrimas; o paseo do Espolón; ata chegar a igrexa de Santiago onde as Súas Maxestades visitarán o Belén vivinte e realizarán a tradicional ofrenda ao neno Xesús.

Tras esta primeira parada, Melchor, Gaspar e Baltasar acudirán ata a casa consistorial onde serán recibidos pola Corporación Municipal.

O percorrido rematará de novo neste 2024 no polideportivo do Souto, onde os Reis Magos de Oriente terán a oportunidade de ter un contacto máis directo con todos os nenos e nenas de Padrón que queiran falar con eles para trasladarlles as súas peticións e as súas cartas. Haberá agasallos para todas as crianzas.

O carrusel de cabaliños continuará operativo no campo do Souto nesta xornada do día 5. A cativada que retirou previamente os vales (tres por nena ou neno) poderán subirse ao carrusel de xeito gratuíto entre as 17.00 e as 20.00 horas. O prazo para a retirada dos vales no Centro Social péchase o xoves 4 de xaneiro.

O Concello de Padrón organiza esta cabalgata de Reis coa colaboración de Eroski, Gadis, Caixabank, Abanca, ODL Grupo e JJ Sportcars.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…