Con motivo da convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o 18 de febreiro de 2024, de conformidade co art. 39.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, o Concello de Padrón expón ao público as listas do Censo Electoral entre os días 1 ao 8 de xaneiro de 2024, período durante o que calquera persoa poderá achegar a reclamación que estime pertinente en relación aos seus datos censuais.
Mediante este trámite vostede poderá consultar a súa inscrición no censo electoral para exercer o seu dereito ao voto nas próximas eleccións.
O lugar de exposición e consulta do Censo é nas Oficinas Xerais Municipais situadas na planta baixa da Casa do Concello de Padrón, na rúa Longa, número 27 en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.
Tamén no teléfono da Oficina do Censo Electoral: 900 343 232 (gratuíto) ou 981 217 439.
Só poderá consultar a propia persoa interesada quen deberá aportar como documentación: DNI, pasaporte ou permiso de conducir.
É especialmente recomendable que consulten o censo as persoas que recentemente cumpriron 18 anos ou que tramitaron algunha modificación no padrón de habitantes ao longo do 2023.