-->

A maxia e a ilusión acompañou a cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas de Padrón

  • Os Reis Magos iniciaron o amplo percorrido dende a N-550

  • As Súas Maxestades cumpriron coa tradición de visitar o Belén vivinte e realizar a ofrenda ao neno Xesús na igrexa parroquial de Santiago

  • O alcalde Anxo Arca xunto a Corporación municipal recibiron a comitiva na casa consistorial

  • A festa rematou co reparto de doces e agasallos no polideportivo do Souto

20240105 cabalgata Reis 1

As Súas Maxestades de Oriente encheron de ilusión as rúas do Concello de Padrón nesta xornada do 5 de xaneiro tan especial para a cativada.

Con nervios e sobre todo moita expectación, as nenas e os nenos agardaron a chegada dos Reis Magos de Oriente nunha cabalgata que neste 2024 partiu da N-550 e percorreu coas súas carrozas a Avenida Compostela e as Lágrimas.

20240105 cabalgata Reis 6

Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto aos seus paxes e unha comitiva na que non faltaron as sorpresas, saudaron a pequenos e maiores ao ritmo da grande animación que acompañou as carrozas. Tamén os Reis cumpriron coa tradición de visitar o Belén vivinte e realizar a ofrenda ao neno Xesús na igrexa parroquial de Santiago.

20240105 cabalgata Reis 5

O alcalde Anxo Arca, acompañado de membros da Corporación municipal, recibiron tamén aos Reis Magos coa petición ás Súas Maxestades de que deixasen esta noite moitos agasallos entre a veciñanza.

20240105 cabalgata Reis 4

Tras atravesar a pé a Praza de Macías, a cabalgata proseguiu dende o Espolón o seu percorrido ata o polideportivo do Souto. Alí, os Reis Magos recibiron a todas as nenas e os nenos que lles que lles puideron formular os seus desexos e as últimas peticións. Melchor, Gaspar e Baltasar adiantaron algunhas das sorpresas da noite e repartiron doces.

20240105 cabalgata Reis 2

O Carrusel de Cabaliños de Hernáiz, situado no Campo do Souto, volveu un ano máis a amenizar a espera para as crianzas que previamente recolleran os vales que permitían esa viaxe gratuíta.

20240105 cabalgata Reis 7

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…