A acto levarase a cabo no Paraninfo da Fundación Pública Camilo José Cela ás 20.00 horas ||
O autor de ‘Divina apostasía’ recibirá un premio de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa ||
O paraninfo da Fundación Pública Camilo José Cela acolle o venres 2 de febreiro, ás 20.00 horas, o acto de entrega do Premio Literario Camilo José Cela ao escritor bilbaíno Iñaki Túrnez. A súa obra Divina Apostasía foi elixida como gañadora na trixésimo terceira edición deste certame convocado polo Concello de Padrón e que outorga ao autor un premio de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa.
Na presente edición, o Premio Literario Camilo José Cela recibiu un total de 119 relatos procedentes de toda España, consolidando a súa posición como un dos concursos máis destacados e prestixiosos das letras nacionais. A diversidade e calidade das obras presentadas enriquecen a tradición deste certame, que dende a súa creación en 1989 promove a excelencia na narrativa española.
O galardón será entregado nunha cerimonia que contará coa actuación do trío musical de Inés Carreño No Stress.
Este evento representa non só o recoñecemento ao talento literario de Iñaki Túrnez García, senón tamén un encontro cultural que rende homenaxe ao legado do Premio Nobel Camilo José Cela e reafirma o compromiso do goberno local coa promoción e a difusión da cultura.
Galego
Español 



