-->

A Feira Cabalar de Pascua reúne exemplares de toda Galicia, con presentadores de 5 e 6 anos nas probas oficiais dos concursos morfolóxicos

Masiva asistencia de criadores e público a cita de Padrón, con presencia de tratantes de León e Valencia  ||  

O presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego destaca a aposta da xente pola Pascua e a alta participación  ||  

Constantino Latas levouse o premio ao mellor exemplar dos concursos morfolóxico con HDM Mariachi, un exemplar de pura raza árabe  ||  

O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos entregaron os premios  ||  

Os padroneses Héctor Domínguez e José Manuel Abal Gestoso gañaron nas categorías de poldras e poldros de pura raza árabe  ||  

 

 20240331 Padron Pascua Feira Cabalar concursos morfoloxicos 54

A Feira Cabalar de Pascua sigue tendo tirón en toda Galicia (ver máis fotos neste enlace). Hoxe, centos de criadores procedentes de toda a comunidade autónoma e tratantes de León e Valencia, déronse cita na feria, que ten máis de trescentos anos de historia. “A xente aposta pola Pascua, que sigue tendo moito tirón”, asegurou o presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Jacobo Pérez Paz, quen puxo en valor a alta participación nos concursos morfolóxicos e a presencia de nenos de 5 e 6 anos que se animaron a presentar cabalos nas seccións oficiais do concurso. Pola tarde, a exhibición de doma de alta escuela ofrecido por La Magia del Caballo xuntou tamén a centos de persoas no Campo da Barca, que desafiaron á choiva para ver o espectáculo (fotos neste enlace).

Constantino Latas (O Corgo, Lugo) foi o gañador do Gran Premio Concello de Padrón ao mellor exemplar que participou nos concursos morfolóxicos. O seu cabalo de pura raza árabe HDM Mariachi gañaou este premio, ademais de ser o mellor exemplar na súa categoría.

No caso de poldros e poldras menores de tres anos de pura raza árabe, os gañadores das dúas seccións foron os padroneses Héctor Domínguez e José Manuel Abal Gestoso. David Lamas Mourelos levou o segundo premio en poldros.

O concurso morfolóxico, organizado polo Concello de Padrón en colaboración coa Asociación Pura Raza Cabalo Galego, xuntou en Padrón a setenta cabalos e eguas que competiron nas diferentes categorías. Jacobo Pérez destacou a alta participación e o feito de que, “salvo un par de baixas”, asistiron todos os exemplares preinscritos. “Esto demostra que a Feira Cabalar ten tirón e cada ano recupera máis o seu explendor”.

Pérez Paz tamén puxo en valor que houbese nenos de 5 y 6 anos que se animaran a presentar cabalos nas seccións oficiais da competición. Un deles incluso levou o terceiro premio en dito concurso. Este ano houbo un apartado no que participaron seis ponis, cinco deles presentados por menores de idade. “Ademais dos dous anteriores había tamén aquí unha nena de tres anos”, dixo Jacobo Pérez, amosando a súa convicción de que isto axuda a garantir que a tradición e o amor polos cabalos se manteña en Galicia.

A tradicional Feira Cabalar que se celebra o Domingo de Pascua no Campo da Barca de Padrón volveu superar expectativas e xuntou a centos de criadores e milleiros de persoas que se achegaron de toda Galicia. Entre eles había tamén profesionais (tratantes) procedentes de León e Valencia, que non quixeron perderse a feira padronesa.

(Álbum de fotos da Feira Cabalar e dos concursos morfolóxicos neste enlace)

 20240331 Pascua Padron Feira Cabalar 8

Clasificacións concursos morfolóxicos

Polo que respecta aos concursos morfolóxicos, o Concello de Padrón repartiu 3.370 euros en premios entre os setenta animais participantes. Algunhas das probas son puntuables para a Copa Galicia de Pura Raza Galega.

As clasificacións nas diferentes seccións quedaron do seguinte xeito:

Cabalos Pura Raza Galega

1.- Gali de Oza, de Lino Freire, de Oza Cesuras 

2.- Macareno, de Adrián Martínez Oreiro, de Vimianzo

3.- Sacristán, de Brais Canosa Rodríguez, de Vimianzo

4.- Domingo de Boimente, de Adrián Mariño Salgueiro, de Viveiro

Eguas PRG

1.- Tamaga, de Lino Freire, de Oza Cesuras

2.- Pitufina do Celta, de Adrián Mariño Salgueiro, de Viveiro

3.- Dana, de Lino Freire, de Oza Cesuras

4.- Gala de Oza, de Lino Freire, de Oza Cesuras 

 

Cabalos xruzados

1.- Iván, de Nicolás Arnoso García, de Vilarmaior

2.- Roncero TM, de Miguel Touceda, de Valga

3.- Gitano, de Ismael Rivas

4.- Vanidoso, de Serafín Touceda, de Valga

Eguas cruzadas

1.- Elektra, de Luis David Freiría

2.- Gala MR, de Ganadería Miguez, de Val do Fibra

3.- Nica, de Jaime Adán Puga, de Lalín

4.- Peña, de Laura González Rozada, de Trazo

Ponis

Participaron seis exemplares, cinco deles presentados por menores de idade (tres deles unha nena de 3 anos, e dous nenos de 5 e 6 anos). Concedeuse un premio Exaequo e levaron medalla todos os participantes.

Poldras de Pura Raza Árabe

1.- India PG, de Héctor Domínguez, de Padrón

2.- Saraiba DR, de Víctor Duarte 

Poldros de Pura Raza Arabe

1.- J.A.Tezhar, de José Manuel Abal Gestoso, de Padrón

2.- Jamal Wonderful , de David Lamas Mourelos, de Padrón

Caballos de Pura Raza Árabe

1.- HDM Mariachi , de Constantino Latas, de O Corgo (Lugo)

2.- Cap Bianco, de Víctor Rodríguez Pereira

3.- L.G. Faruk Akhil, de José Manuel Coelho Sanmiguel

4.- Alm Diraham, de Ángel Longarels

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…