O Concello de Padrón recibirá unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2023.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o mércores 5 de xullo a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023.
Podes consultar a resolución do BOP nesta ligazón.
Galego
Español 



