-->

As rúas de Padrón contan con novas papeleiras fabricadas con tapóns solidarios de Art for Dent

  • O alcalde Anxo Arca e a concelleira Ana Castro presentaron os novos colectores que buscan dar visibilidade á enfermidade de Dent, axudar á investigación e transformar o plástico nun obxecto sostible para a propia vila

20240429 Padron papeleiras Art for Dent1

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Urbanismo, Ana Belén Castro, asistiron este luns 29 abril á presentación das novas papeleiras realizadas en colaboración con Art for Dent.

Xunto a Ana Isabel Lapido, de Netcycle, e a María Castelao, de Art for Dent, percorreron as rúas da vila nas que se colocaron as papeleiras realizadas cos tapóns que recolleu a asociación na Escravitude.

O actual grupo de goberno do Concello de Padrón involucrouse nesta campaña coa finalidade de dar un paso máis e transformar o plástico nun obxecto sostible para a propia vila, un propósito que acadou coa fabricación destes colectores na empresa Netcycle situada en A Pobra do Caramiñal.

Coa colocación destas papeleiras, ademais de contribuír á reciclaxe e ao coidado do medio ambiente, dáselle visibilidade á enfermidade de Dent e convertese o material de plástico en doazón para a investigación no centro Nefrochus, do Hospital Clínico de Santiago.

A campaña de doazón de tapóns iniciouse a raíz do diagnóstico de Hugo coa enfermidade de Dent en decembro de 2019. A veciñanza participou activamente na chamada para axudar ao xogador de fútbol da Escravitude, e o Novo Campo do Doce focalizou a recollida do material chegado de diferentes puntos de Galicia.

20240429 Padron papeleiras Art for Dent2

Grazas a colaboración de Concellos, empresas, colexios, asociación, institucións e persoas particulares recicláronse máis de 100 toneladas que se converteron en doazón para a investigación da enfermidade de Dent no Nefrochus (laboratorio de xenética de enfermidades renais) e no IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) de Santiago.

A campaña segue activa co obxectivo de manter a doazón para a investigación desta enfermidade e darlle visibilidade a esta doenza minoritaria.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…