-->

Padrón Literario rende tributo á cultura e aos autores en galego durante todo o mes de maio

 

  • A programación abrirase o venres 10 coa ofrenda floral a Camilo José Cela no cemiterio de Adina

  • O tradicional Concerto das Letras Galegas chega a súa 36ª edición o sábado 18

  • A cativada volverá gozar con diferentes actividades dirixidas aos centros escolares e espectáculos para toda a familia

  • A Casa Museo Rosalía de Castro acolle o mércores 15 Conversas Nortear ‘Literatura en feminino’

Manter viva a chama da literatura en Padrón e inspirar ás xeracións futuras a explorar o mundo a través da palabra escrita son dous dos obxectivos de Padrón Literario, o programa de actividades deseñado polo Concello de Padrón coa colaboración da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, da Fundación Rosalía de Castro e da Xunta de Galicia.

A través dunha ampla variedade de actividades culturais como obradoiros para o alumnado de diferentes ciclos, teatro e concertos, renderase tributo aos autores e autoras que situaron a esta vila no epicentro da creación literaria galega e transmitirase o legado de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día de las Letras Galegas 2024.

As propostas comezarán a desenvolverse xa dende este venres 10 de maio. A ofrenda floral a Camilo José Cela no cemiterio de Adina en Iria Flavia levantará o pano ao Padrón Literario 2024 a partir das 12.00 horas. Xa ás 20.00 horas a cita será no paraninfo do Museo Camilo José Cela co monólogo do actor e humorista Carlos Blanco. A entrada é de balde ata completar aforo. Tamén ás 20.00 horas, e dirixida ao público familiar, está prevista a actuación de Inventi Teatro ‘A librería máxica’, na praza de Macías.

Entre o venres día 10 e o luns 20 de maio desenvolverase Letreseo, Semana das Letras no Museo. O museo Camilo José Cela organiza unha semana de portas abertas para todos os públicos en horario de 10.00 a 14.00 horas e promove actividades dirixidas ao alumnado de diferentes centros. Talleres lúdicos da man de Arenaria e a actuación de Pakolas formarán parte da oferta pensada para a cativada.

O mércores día 15, dende as 20.00 horas, celebrase no auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro Conversas Nortear ‘Literatura en feminino’ coa participación da historiadora e escritora galega María López Sande, da USC; a ensaísta e investigadora Isabel Cristina Mateus, da Universidade de Minho; e de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía e académico da RAG. A entrada é de balde ata completar aforo.

No mesmo escenario, xa o venres 17 de maio e tamén con entrada gratuíta, poderase gozar da actuación de Lucía Aldao, a poeta coruñesa que conta con máis de 20 anos dedicada ao mundo da poesía escénica, da música e do humor. A cita neste Día das Letras Galegas comeza ás 20.00 horas.

Outro dos momentos clave das celebracións será o Concerto das Letras Galegas que chega a súa 36ª edición. Dende as 19.00 horas do sábado 18 poderase escoitar no Auditorio Municipal á Coral Polifónica de Padrón, á Coral ‘A Lembranza’ de Sada e á Coral Polifónica Máximo Gorki de Vigo.

O venres 24 o programa de Padrón Literario volve duplicarse ás 20.00 horas co concerto de Barahúnda, no auditorio da Casa Museo Rosalía, e coa actuación dos Títeres Brincadeira e a obra ‘Luisa Villalta eo violín de vento’, na praza de Macías.

O público familiar será tamén o protagonista da última das actuacións da edición deste ano. A praza de Macías será o escenario o venres 31 de maio, ás 20.00 horas, do espectáculo de Fantoches Baj ‘Isaura e Tristán. Constastorias’, unha enxeñosa peza teatral de monicreques baseada no libro de Luísa Villalta ‘As chaves do tempo’.

Descarga o programa completo de Padrón Literario neste enlace.

2.triptico PadronLiterario2024 page 0002

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…