-->

Padrón celebra o San Xoán do Raio con música e case 400 maiores no xantar de confraternidade

O santo saíu en procesión e a Coral Val do Sar cantou na misa solemne  ||  

A Tuna de Veteranos da Coruña ofreceu un aplaudido concerto no auditorio e tamén animou a sobremesa xunto co grupo Sabrosito  ||  

A orquestra Os Satélites puxo a música á verbena no campo do Souto  ||  

20240506 Padron San Xoan Raio Xantar maiores 3

 

Padrón volveu honrar este 6 de maio ao seu patrón, San Xoán do Raio, coa tradicional procesión, música e o xantar de confraternidade de maiores. Os actos oficiais comezaban pouco antes do mediodía co traslado do santo dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial, onde se celebrou a misa solemne cantada pola Coral Val do Sar. 

O alcalde, Anxo Arca, presidiu a procesión, na que tamén participaron membros do goberno padronés, o alcalde de Dodro, Xabier Castro; os tenentes de alcaldes de Rois, Mercedes Bastante e Manuel Cobas; e veciños e veciñas. A música da Asociación Cultural Rosalía de Castro acompañou a comitiva ata a igrexa parroquial e, ao rematar a misa solemne, de novo ata a casa consistorial.

A Tuna de Veteranos da Coruña ofreceu no auditorio municipal un animado concerto, moi aplaudido polo público asistente. Na entrada, as persoas asistentes puideron contemplar unha mostra dos traballos de bordado e ganchillo da Asociación de Mulleres Carballeira, de Extramundi.

Como xa é tradicional, a festividade de San Xoán do Raio, patrón de Padrón, coincide co xantar de confraternidade de maiores, que xuntou a preto de 400 persoas no Hotel Scala. Na sobremesa non faltou o sorteo de agasallos entre os asistentes e o baile, que estivo amenizado polo trío Sabrosito e, para alegría de moitos, tamén pola Tuna de Veteranos da Coruña.

A última hora da tarde, o baile trasladouse ao campo do Souto, onde moitas persoas acudiron a participar na verbena amenizada pola orquestra Os Satélites.

20240506 Padron San Xoan Raio Xantar maiores 14

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…