-->

Xurxo Alonso gaña o Certame poético Rosalía de Castro que convoca o Concello de Padrón

O tamén pintor nado en Bos Aires presentouse co lema ‘Actas de sospeita’  ||  

En opinión do xurado o traballo gañador “trátase dunha vista renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”  ||  

 

O pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García é o gañador da décima edición do Certame poético Rosalía de Castro que organiza o Concello de Padrón. Alonso García presentouse ao certame baixo lema Acta de Sospeita cun traballo do que o xurado destacou que se “trata dunha visita renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”.

Nado en Bos Aires en 1956 e residente en Vilagarcía dende os oito anos, Xurxo Alonso recibirá un premio de 1.500 euros e o seu poema (que se presentou sen título a este certame) será publicado na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

O xurado destacou que a obra de Xurxo Alonso “está dotada dunha lingua patrimonial moi rica e mantén unhas constantes estilistas de boa factura”, motivo polo que lle concederon este premio nun certame ao que se presentaron outros 43 traballos.

Licenciado en Bioloxía, Xurxo Alonso é pintor e poeta. Como poeta é autor de nove libros e recibiu, entre outros, os seguintes premios: Avelina Valladares, Johán Carballeira, Francisco Añón, Bouza-Brey, Concello de Carral, Cidade de Ourense, Díaz Castro, Torre de Caldaloba e Lueiro Rrey.

Como pintor, Alonso García realizou máis de setenta exposicións individuais e obtivo premios como a Bienal Cidade de Pamplona, Bienal de Pontevedra, Premio Gredos e Bienal Eixo Atlántico.

O xurado deste X Certame poético Rosalía de Castro reuniuse esta mañá na casa consistorial de Padrón, presidido polo alcalde, Anxo Arca. Forman parte do mesmo Anxo Angueira, profesor titular da área de Filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Vigo, presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da Real Academia Galega; Manuel Lorenzo Baleirón, escritor e mestre no IES Macías o Namorado de Padrón; Miriam Ferradáns Ferradás, poeta e graduada social; Inés Mosquera Calvo, tradutora, intérprete e escritora, e Rita Bugallo González, escritora e profesora de educación secundaria de Lingua galega e literatura. Actuou como secretaria, con voz pero sen voto, a animadora cultural do Concello de Padrón Beatriz Lorenzo Vázquez.

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…