-
Haberá unha marcha de 15 quilómetros para os maiores de 6 anos e unha xincana infantil para a cativada
-
A programación inclúe unha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo
-
As inscricións serán o mesmo día a partir dar 10.45 horas no paseo do Espolón
As rúas e as estradas de Padrón volverán encherse o sábado 8 de xuño de entusiastas do deporte co gallo da celebración do Día da Bicicleta. O evento deportivo e social que move a centos de persoas cada ano inclúe unha xornada chea de actividades para todas as idades.
O Día da Bicicleta propón unha marcha de 15 quilómetros para os maiores de 6 anos e unha divertida xincana infantil para os máis pequenos. A cita comezará ás 10.45 horas no paseo do Espolón, momento no que se abrirá o proceso de inscrición. A marcha partirá ás 11.30 horas e é obrigatorio que todos os participantes utilicen o casco.
Todas as persoas participantes recibirán un agasallo e, ao finalizar a proba, entrarán tamén no sorteo dunha bicicleta.
Entre as iniciativas que se propoñen para esta xornada está tamén a visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo ás 10.00 horas. Para poder participar é preciso a inscrición previa na oficina municipal de Deportes, localizada no Centro Social, ou a través do teléfono 981 811 329.