-->

Festa de clausura das escolas deportivas municipais do Concello de Padrón

  • O pavillón grupo escolar acolleu as diferentes exhibicións e a entrega de medallas 

  • O alcalde, Anxo Arca, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, gozaron xunto á veciñanza das habilidades que adquiriu a rapazada ao longo dos últimos meses

 20240620 Padron clausura escolas deportivas 40

O Concello de Padrón clausurou este xoves o curso 2023/24 das escolas deportivas municipais cun acto no pavillón polideportivo Grupo Escolar que incluíu unha exhibición e a entrega de medallas aos participantes nas diferentes modalidades deportivas.

20240620 Padron clausura escolas deportivas 20

Durante a exhibición, os asistentes gozaron co talento e esforzo dos máis de 150 nenos e nenas que participaron nos últimos meses nas actividades de tenis, xadrez, atletismo, baloncesto, fútbol sala, voleibol, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Estes mozos e mozas amosaron as habilidades que desenvolveron ao longo do curso e deixaron para o recordo momentos únicos cos seus bailes e a súa destreza co balón.

20240620 Padron clausura escolas deportivas 4

O alcalde, Anxo Arca, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, foron os encargados de entregar as medallas recoñecendo así o compromiso e a dedicación dos participantes. Este acto de clausura representa unha oportunidade para celebrar o deporte e a convivencia, destacando a importancia da actividade física na formación e desenvolvemento persoal da cativada.

20240620 Padron clausura escolas deportivas 42

Con este evento, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso co deporte e a promoción de hábitos saudables entre a xuventude, animando á cidadanía a participar e apoiar estas iniciativas.

20240620 Padron clausura escolas deportivas 28

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…