-->

O Concello de Padrón incorpora catro novos axentes de policía e instala cámaras de seguridade de última xeración

  • “Convocar estas catro prazas foi unha das miñas primeiras decisións e o obxectivo é acadar canto antes un corpo de Policía Local con catorce integrantes para cubrir as 24 horas do día”, destaca o alcalde Anxo Arca

  • Ademais de mellorar a seguridade e a orde no municipio, aumenta a presenza feminina no cadro de persoal pasando de ter unha a tres axentes mulleres 

20240703 novos axentes Policia Padron (2)

O Concello de Padrón segue avanzando no seu compromiso de aumentar a seguridade no municipio coa recente incorporación de catro novos axentes de policía local que comezaron o seu período de prácticas o pasado luns 1 de xullo. Estes novos axentes, dous homes e dúas mulleres, completarán a súa formación previa á toma de posesión definitiva das súas prazas, incrementando o cadro de persoal policial e mellorando a capacidade de vixilancia e resposta do corpo.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou a importancia destas incorporacións, afirmando que “era unha necesidade moi apremante, xa que o persoal estaba baixo mínimos”. “Convocar estas catro prazas foi unha das miñas primeiras decisións e o obxectivo é acadar canto antes un corpo de Policía Local con catorce integrantes para cubrir as 24 horas do día e poder realizar unha vixilancia efectiva do municipio, así como garantir o cumprimento das ordenanzas vixentes”. O rexedor subliñou tamén que “Padrón debe ser un pobo ordenado e seguro para toda a cidadanía”.

20240703 novos axentes Policia Padron (4)

Con estas incorporacións, o Concello de Padrón non só mellora a seguridade e a orde no municipio, senón que tamén promove un avance na presenza feminina no corpo policial, pasando de ter unha a tres axentes mulleres, o que representa un importante paso cara á igualdade de xénero dentro da institución.

Ademais, o Concello de Padrón completou recentemente a instalación de catro cámaras de seguridade de altas prestacións. Estas cámaras permitirán realizar un control efectivo do tráfico e aumentar a protección dos edificios públicos municipais. O alcalde Anxo Arca adiantou que se trata dunha primeira fase “con catro cámaras ás que se sumarán máis dadas as prestacións que ofrecen e ao seu carácter disuasorio, que facilita a acción policial e evita incumprimentos da legalidade”.

20240703 novas camaras Padron  (1)

O Concello de Padrón está comprometido coa mellora continua da seguridade e benestar dos seus cidadáns. A través de iniciativas innovadoras e efectivas, Padrón busca ser un referente en seguridade e calidade de vida para todos os seus veciños.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…