-
A Concellería de Deportes pon en marcha esta nova iniciativa dirixida ás persoas maiores de 16 anos que conta con dous niveis de dificultade
-
Os grupos sairán os días 23 e 24 de agosto en tres horarios diferentes
A Concellería de Deportes de Padrón abre o prazo de inscricións para a actividade ‘Rutas naturais ao alcance de todos’. Esta nova proposta consiste en realizar rutas guiadas en bici eléctrica polo entorno do Monte Santiaguiño, unha oportunidade única para descubrir a beleza natural da zona.
As rutas terán lugar os días 23 e 24 de agosto en horarios específicos. O día 23, os grupos sairán ás 9:00 h e ás 11:00 horas, mentres que o día 24, a saída será ás 9:00 horas. As rutas estarán guiadas por expertos e realizaranse en grupos reducidos, garantindo así unha experiencia máis personalizada e segura.
A actividade está dirixida ás persoas maiores de 16 anos e contará con dous niveis de dificultade: baixa, adecuada para principiantes e familias, e media, para aqueles que buscan un reto un pouco maior. Cada ruta terá unha duración estimada de 1 hora a 1 hora e media.
Os participantes poderán desfrutar dun paseo sen esforzo extra grazas ás bicicletas eléctricas, explorando as paisaxes e gozando dunha aventura ao aire libre que combina exercicio físico con aire fresco e natureza. Esta actividade tamén promove a sostibilidade ao fomentar o uso de bicicletas eléctricas para reducir o impacto ambiental.
Para inscribirse e obter máis información, as persoas interesadas deben dirixirse á Oficina de Deportes situada no Centro Social ou chamar ou teléfono 981 811 329.
Esta actividade está deseñada para ser divertida e accesible para todas as idades, sendo unha excelente oportunidade para coñecer xente nova e compartir unha experiencia única no fermoso entorno do Monte Santiaguiño.