-->

Aberto o prazo de inscrición para a Padrón 10K con prezos reducidos ata o 31 de xaneiro

  • Poderase formalizar a participación ata as 23:59 horas do mércores do mércores 12 de febreiro

  • Haberá percorridos homologados de 5K e 10K para todas as idades e niveis, incluíndo a participación gratuíta para escolares

  • A carreira, que terá lugar o 15 de febreiro, inclúe premios en metálico, agasallos e recoñecementos especiais

 

Hoxe martes 14 de xaneiro comeza o prazo de inscrición para a XXII edición da Padrón 10K que se celebrará o sábado 15 de febreiro. A proba, organizada polo Concello de Padrón, contará con percorridos homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) de 5 e 10 quilómetros e incluirá categorías par

a todas as idades e niveis. Consolidada xa como unha das citas máis destacadas do calendario atlético galego, a carreira ofrece prezos reducidos para as inscricións realizadas ata o próximo 31 de xaneiro.

As inscricións poderán realizarse ata as 23:59 horas do mércores do mércores 12 de febreiro a través da web www.emesports.es. No caso das categorías escolares (ata Sub 14), a participación será gratuíta. Para as modalidades de 5K e 10K, que inclúen desde Sub 16 ata a categoría Máster, o custo será de 7 euros ata o 31 de xaneiro e de 9 euros a partir dese día. Pódese solicitar máis información a través do teléfono 654 285 692 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

En total establécense trece categorías. Os de pitufos (nadas/os no ano 2021 e posteriores) e prebenxamíns (nadas/os dende 2018 a 2020) son as únicas probas non competitivas da xornada.

Horarios e percorridos

A saída da carreira será ás 16:00 horas no Campo do Souto. As probas escolares de pitufos e prebenxamíns abrirán a xornada cun percorrido curto de 60 e 300 metros, respectivamente. As distancias para Sub 10, Sub 12 e Sub 14 estarán entre os 600 e os 1.200 metros. As probas de 5K e 10K, nas que participarán as categorías máis altas, pecharán a competición ás 16:50 e 17:40 horas, respectivamente.

Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados da carreira de 10K tanto en categoría masculina como feminina (250€ para a/o primeira/o clasificada/o, 150€ para a/o segunda/o, 75€ para a/o terceira/o e 50€ para a/o cuarta/o), ademais dun premio especial dotado con 50 euros para o/a mellor corredor/a local. Tamén levarán trofeos os tres primeiros atletas de cada categoría, os tres primeiros da clasificación absoluta, o mellor corredor local, os tres primeiros equipos, o participante de máis idade que chegue a meta (Trofeo Supermáster), o club ou colexio con máis inscritos (Trofeo Participación) e os tres primeiros das categorías sub 16, sub 18 e da 5K.

Recollida de dorsais e servizos

A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba. Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles.

Todas persoas que participen terán acceso a servizos como duchas, gardarroupa e avituallamento.

Dende o Concello animamos á cidadanía a unirse a esta cita que reafirma o compromiso local coa promoción do deporte e os hábitos de vida saudables ao tempo que ofrece un percorrido deseñado para ofrecer unha experiencia atlética e visual única a través das paisaxes máis emblemáticas de Padrón.

Podes consultar o regulamento e as bases premendo neste enlace.

Consulta os percorridos premendo neste enlace.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…