-->

O Convento do Carme de Padrón acolle a IX Exposición da Camelia e do Bonsái os días 29 e 30 de marzo

  • O prazo de inscrición para expositores remata o luns 18 de marzo

  • A entrada é libre e gratuíta para todas as actividades

  • A inauguración é o sábado ás 13.00 horas e inclúe un acto de irmandade coa Exposición da Camelia do Concello de Vedra

  • A cita inclúe un programa diverso con mostras de escultura e pintura, talleres, demostracións e visitas guiadas

 

O Concello de Padrón organiza a IX Exposición da Camelia e do Bonsái que terá lugar os días 29 e 30 de marzo no Convento do Carme. O evento, de entrada libre e gratuíta, reunirá expositores, afeccionados e expertos no cultivo destas especies, ademais de ofrecer unha ampla programación de actividades divulgativas.

A mostra, que chega a súa novena edición, abrirá as súas portas o sábado ás 9.30 horas, momento no que os participantes colocarán as flores de camelia. A inauguración oficial está prevista para as 13.00 horas, cun acto no que se entregarán agasallos ás persoas que expoñen e se celebrará un acto de irmandade coa Exposición da Camelia do Concello de Vedra.

Durante a tarde, desenvolveranse diferentes talleres e demostracións. Ás 16.30 horas terá lugar un obradoiro de elaboración de sombreiros sancosmeiro, impartido pola Asociación A Pórtela Vella. Ás 18.00 horas está prevista a entrega de premios do Concurso da Camelia de Padrón Unhas gañan e outros non , e media hora despois, unha demostración de arte floral con camelias a cargo de Floraría Chorima. O horario de peche da exposición será ás 20.00 horas.

A programación continuará o domingo, con apertura ao público a partir das 10.00 horas. Entre as actividades previstas, inclúese un obradoiro de cerámica para nenos, nenas e persoas adultas, impartido por Ángeles Garrido e Ana González ás 11.00 horas. Ás 12.30 horas terá lugar unha visita guiada para coñecer as variedades e o cultivo das camelias e dos bonsáis da exposición, a cargo de José Freire. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, Alfonso Touceda impartirá un taller de poda e coidado de froiteiras. A exposición pechará ás 19.00 horas.

A organización do evento establecerá diferentes recoñecementos para os participantes. Entre os galardóns destacan o premio Camelia do Sar, escollido polo público para a flor máis bonita ou novidosa, así como os premios especiais Amigos da Camelia de Padrón que recoñecerán os mellores lotes de flores en distintas categorías (reticulata, xapónica, híbrida e doutras especies). Tamén se entregará o premio Orixe Galega á mellor flor individual de orixe galega, seleccionada polo xurado.

Ademais das actividades programadas, os asistentes poderán visitar exposicións permanentes durante toda a fin de semana. Entre elas, haberá unha mostra de esculturas a cargo de Ángeles Garrido e Ana González, así como a tradicional exposición de pintura realizada polo alumnado de Ategal Padrón.

As persoas interesadas en participar como expositores poderán inscribirse ata o luns 18 de marzo a través do teléfono 686 445 520. O evento está aberto ao público e busca consolidarse como un punto de encontro para os amantes das camelias e dos bonsáis.

1 diptico doble orden2 diptico doble orden

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…