-->

Padrón recibe a 400 persoas integrantes do programa ‘Redondela viaxa’

  • A actividade responde á colaboración intermunicipal entre ambos concellos

  • O grupo descubriu algúns dos lugares máis emblemáticos da vila mediante unha visita guiada polo técnico de turismo Alberto Rey

20250326 Redondela Viaxa Padron1

Durante tres días, Padrón acolleu a visita de 400 persoas integrantes do programa Redondela viaxa, unha iniciativa promovida polo Concello de Redondela a través da Concellería de Maiores.

Os participantes tiveron a oportunidade de descubrir algúns dos lugares máis emblemáticos da vila mediante unha visita guiada polo técnico de turismo, Alberto Rey. Entre os enclaves destacados do percorrido atopáronse a Fundación Camilo José Cela, o Convento de Herbón xunto a outros espazos de interese histórico e cultural de Padrón.

O primeiro día da actividade contou ademais cun encontro institucional entre o alcalde de Padrón, Anxo Arca, coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Maiores, Iria Vilaboa nunha mostra da boa colaboración intermunicipal entre ambas localidades.

O Concello de Padrón agradece a total dispoñibilidade da Fundación Cela e do Convento de Herbón, que brindaron unha acollida excepcional aos visitantes, así como a Alberto Rey pola súa profesionalidade e dedicación na guiada.

A iniciativa ten como obxectivo potenciar o turismo cultural e o intercambio entre comunidades, ofrecendo novas oportunidades de aprendizaxe e socialización para as persoas maiores.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…