O Concello de Padrón recibirá unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2024.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o mércores 21 de febreiro de 2024 a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024.
A resolución do BOP pode consultarse nesta ligazón.
Galego
Español 



