-->

Os Monifates congregaron a numeroso público e o Bosque Viviente animou a Feira Medieval

  • Numeroso público presenciou os espectáculos de monicreques na praza de Macías e a actuación do Mago One  ||  

  • Un pasarrúas musical puxo o colofón a décimo oitava edición dunha feira que devolveu Padrón ao medievo  ||  

  • Pequenos e maiores animáronse a posar diante do photocal coas personaxes do mercado medieval  ||  

20250706 Padron domingo Feira Medieval tarde Os Monifates Mago One 37

 

As personaxes do Bosque Viviente animaron a mañá deste domingo 6 de xullo a Feira Medieval de Padrón e o mercadillo dominical. Acompañados pola música de Turdión percorreron os rúas do casco histórico ante a sorpresa do público presente

Numerosas persoas percorreron durante todo o día a Feira Medieval, con máis de oitenta postos de artesanía, alimentación e obradoiros de oficios antigos. A cativada estivo gozando cos xogos tradicionais e animouse a facer fotos cos personaxes do mercado, que a última hora da mañá se achegaron ata a praza de Baltar.

20250706 Padron domingo Feira Medieval tarde Os Monifates Mago One 43

Pola tarde, o espectáculo de Os Monifates congregou numeroso público na praza de Macías. Pequenos e maiores gozaron coas aventuras dos monicreques deste dúo itinerante e, despois, sorprendéronse coas maxia de proximidade do Mago One.

Bosque Viviente volveu percorrer as rúas do casco histórico e animáronse a bailar con moitos dos nenos e nenas que os agardaban na praza de Macías. Un pasarrúas musical puxo o colofón a esta décimo oitava edición dunha Feira Medieval que se despediu ata o vindeiro ano co peche do mercado á medianoite.

20250706 Padron domingo Feira Medieval tarde Os Monifates Mago One 57

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…