-->

O Concello de Padrón aposta pola formación para mellorar o comercio local

20250828 El Comarcal Cursos formaltivos

O Concello de Padrón continúa a traballar na mellora e modernización do comercio local a través de accións formativas que responden ás novas necesidades do sector.

Tras a experiencia dos cursos impulsados pola Deputación da Coruña, a raíz do evento organizado pola Oficina Acelera Pyme da Deputación da Coruña o pasado 4 de xuño de 2024, baixo o título Conectando cos teus clientes a través das RRSS, no ano 2025 desenvolveuse un novo programa formativo en Padrón.

Durante catro semanas consecutivas, os comerciantes tiveron a oportunidade de participar en sesións prácticas centradas en:

  • Fotografía aplicada ás estratexias dixitais e ao negocio
  • Comunicación e creación de contidos para redes sociais
  • Introdución á intelixencia artificial aplicada ao comercio

A acollida foi moi positiva, rexistrándose un notable éxito de participación e valoracións moi satisfactorias por parte das persoas asistentes.

Con estas iniciativas, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso de apoiar ao comercio local, ofrecendo ferramentas útiles para que os negocios poidan adaptarse aos novos tempos, mellorar a súa visibilidade e fortalecer a súa relación coa clientela.

20250828 Cursos informatica negocios

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…