-->

O Concello de Padrón aproba as datas de celebración da Festa da Pascua 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Padrón aprobou, na súa sesión celebrada o pasado 23 de decembro de 2025, as datas oficiais de celebración da Festa da Pascua 2026, en cumprimento do establecido na condición 11 do prego que rexe a licitación das autorizacións para o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais durante o período 2024-2027.

Segundo o acordo adoptado, a planificación das festas será a seguinte:

  • inicio da montaxe das instalacións terá lugar o 22 de marzo de 2026, a partir das 19.00 horas, unha vez recollido o mercado dominical e realizada a limpeza correspondente.
  • inicio das festas e a posta en funcionamento das actividades será o 27 de marzo de 2026, ás 17.00 horas.
  • remate das festas está fixado para o 12 de abril de 2026.
  • A data máxima para a desmontaxe das instalacións será o 17 de abril de 2026, ás 23.59 horas.

Así mesmo, o acordo establece que as persoas titulares das autorizacións concedidas mediante os decretos municipais correspondentes deberán proceder ao pagamento do prezo de adxudicación das parcelas para o exercizo 2026 no prazo máximo de dez días naturais contados desde a publicación do acordo no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O pagamento deberá realizarse a través do modelo de autoliquidación incluído como Anexo A no prego de condicións aprobado no exercizo 2024, dispoñible para a súa descarga na páxina web municipal (www.padron.gal).

Accede á aprobación das datas de celebración das Festas da Pascua 2026 premendo no seguinte enlace

Acceder ao Impreso de autoliquidación da taxa pola instalación no dominio público municipal de atraccións feirais premendo no seguinte enlace

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…