-->

A maxia dos Reis Magos encheu as rúas de Padrón nunha cabalgata marcada pola tradición e a ilusión

  • Centos de persoas acompañaron a Melchor, Gaspar e Baltasar nun percorrido que combinou actos simbólicos, participación veciñal e encontro coa cativada

 20260105 cabalgata Reis Padron (34)

A tarde deste 5 de xaneiro deixou en Padrón imaxes para o recordo coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis, unha cita que transformou as rúas da vila nun espazo de encontro, emoción e maxia compartida entre xeracións.

Ás 17.00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron a súa entrada na Avenida de Compostela, dando comezo a un percorrido que continuou por As Lágrimas e o paseo do Espolón. Ao longo do traxecto, a música, a animación e os saúdos das Súas Maxestades acompañaron un público entregado, con numerosos nenos e nenas seguindo cada paso do cortexo real.

20260105 cabalgata Reis Padron (6)

A Igrexa de Santiago acolleu un dos momentos máis solemnes da xornada coa visita dos Reis ao Belén vivente, integrado por María, Xosé, o Neno e os pastorciños. A ofrenda realizada polas Súas Maxestades converteuse nun acto de forte carga simbólica, que conecta esta celebración coa identidade cultural e relixiosa do Nadal en Padrón.

20260105 cabalgata Reis Padron (37)

Debido as condicións meteorolóxicas, coa chegada da choiva no tramo final do desfile, anulouse a recepción oficial na Casa do Concello.

20260105 cabalgata Reis Padron (46)

Opeche da cabalgata tivo lugar no polideportivo do Souto, onde Melchor, Gaspar e Baltasar mantiveron un encontro directo cos nenos e nenas, escoitando as súas últimas cartas e ilusións e facéndolles entrega dun agasallo. O alcalde Anxo Arca, acompañado polas concelleiras Chus Campos e Mariló Saco, dirixiuse á cativada para recordarlle que o verdadeiro gran regalo xa se atopa en todas as casas. “Son as vosas familias. As vosas nais, os vosos pais, os vosos avós e avoas que vos queren e que serán sempre o maior apoio que teredes na vida”, afirmou ao tempo que renovou o compromiso do goberno de Padrón de “continuar traballando para que o noso Nadal brille con máis forza cada ano”. Foi un final cargado de proximidade e sorrisos que puxo o broche a unha tarde moi especial.

 

Con esta celebración, o Concello de Padrón despide o Nadal reafirmando a súa aposta por un Nadal vivo e participativo, no que a continuidade das tradicións vai da man da implicación da veciñanza e da creación de espazos de convivencia familiar.

20260105 cabalgata Reis Padron (73)

Un modelo de celebración que, ademais de fortalecer o tecido social e cultural do municipio, consolida Padrón como unha cita cada vez máis atractiva no calendario do Nadal en Galicia, converténdose nunha visita obrigada para quen escolle estas datas para achegarse á vila tamén desde o punto de vista turístico.

20260105 cabalgata Reis Padron (52)

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…