-->

Emma Méndez e Jorge Puig gañan a Padrón 10K, que tivo unha grande participación

  • Completaron o podio da categoría absoluta Lucía Sicre, Lamyae Himi, Pablo Otero e Anxo Bello  ||  

  • Na 5K impuxéronse Soledad Leiro e iago Pereira, seguidos por Tania López, Daniela Bayón, Brais García e Miguel Alonso  ||  

  • Máis de 1.200 atletas dos 1.653 inscritos tomaron a saída nas diferentes categorías desafiando ao mal tempo  ||  

  • Martina López e Jaci Mello, os mellores atletas locais na 10K  ||  

20260207 Padron 10K 5K 2

Jorge Puig (30.28) e Emma Méndez (35.03) impuxéronse con claridade na vixésimo terceira edición da Padrón 10K, que contou cun récord de inscritos e unha masiva participación de atletas que desafiaron á choiva, incluso nas categorías escolares. Dos 1.653 atletas anotados nas diferentes categorías máis de 1.200 tomaron a saída. Na proba de 5 quilómetros os máis rápidos na meta foron Iago Pereira (16.11) e Soledad Leiro (18.53).

A 10K estivo dominada dende o principio por Jorge Puig, que cruzou a liña de meta con medio minuto de vantaxe sobre Pablo Otero (31.01) e case  un minuto antes que Anxo Bello (31.22). Na categoría feminina, Emma Méndez (35.03) tamén dominou a proba dende os primeiros metros, sacándolle máis de un minuto a Lucía Sicre (36.48) e dous minutos a Lamyae Himi (37.03).

Os atletas padroneses máis rápidos nesta edición en percorrer os dez quilómetros foron Jaci Mello (34.41) e Martina López Gestal (42.37).

Manuel González Pereira, de 73 anos e pertence ao club Running Arteixo, completou a 10K nunha hora e 16 segundos.

O Club Atletismo Sar levou un dobre galardón. O segundo posto por equipo e o premio ao club máis numeroso, xa que 25 atletas remataron a proba.

20260207 Padron 10K 5K 1

Na proba de 5K, homologada pola Federación Española de Atletismo ao igual que a 10K, os tres primeiros postos estiveron máis igualados na categoría masculina, con apenas 25 segundos de diferencia entre os tres primeiros: Iago Pereira (16.11), Brais García (16.19) e Miguel Alonso (16.36). Na categoría feminina tamén estivo moi igualada e Soledad Leiro (18.53) foi gañando posicións ata cruzar a liña de meta por diante de Tania López e Daniela Bayón, que pararon o crono en 19.03.

O alcalde, Anxo Arca; o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, e a tenente de alcalde, Chus Campos, deron a saída da 10K.

20260207 Padron 10K Escolares 1

A choiva que durante toda a tarde caeu en Padrón non foi impedimento para que esta vixésimo terceira edición da 10K contase cunha alta participación. Se a proba superou o récord de inscritos, con 1.653 persoas anotadas, onte tomaron a saída máis de 1.200 atletas de todas as idades, cunha alta participación nas categorías escolares. Preto de 200 nenos e nenas menores de 14 anos (máis da metade dos anotados) achegáronse ao Campo do Souto para tomar a saída e demostrar a puxanza do atletismo na comarca.

Nenos e nenas menores de 4 anos (categoría Pitufo) foron os primeiros en desafiar a choiva e abrindo unha competición á que lle seguiron as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14. Atletas maiores de 16 anos xa participaron na 5K ou na 10K.

Luis Mariño, e Chus Campos entregáronlle medallas aos participantes nas categorías escolares.

Premiacións

Anxo Arca e a concelleira Ana Castro entregaron os trofeos aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías.

As clasificacións completas poden consultarse na web de Emesports, neste tenlace). Os podios quedaron do seguinte xeito:

10K: Jorge Puig, Pablo Otero e Anxo Bello; Emma Méndez, Lucía Sicre e Lamyae Himi

Máster A: Eros Martin Caneda, Paola María Mochales, Patricia Montoto; Alberto Riveiro, Alberto Mariño e Álvaro Marín.

Máster B: Aída García, Andreia Ramos, Elena Miguens; Jaci Mello, Daniel Bargiela e Fernando Vázquez.

Máster C: Amparo Taboada, Mani Fernández; Lupe Vilar; José Nercellas, José Suárez e Santiago Falcón.

Sénior: Lucía Sicre, Lamyae Himi, Patricia Varela; Jorge PUig, Pablo Otero e Hugo García.

Sub-20: Aiala García, Carla del Río, Laura Fabeiro; Anxo Bello, Daniel Maneiro e Adrián Sear.

Sub-23:Emma Méndez, Isabel Caeiro, Nuria Tubío; Aleandro Rodríguez, Saúl Benítez e Nuno Moure.

Supermáster: Manuel González Pereira

Atletas locales: Jaci Mello e Martina López Gestal.

Clasificación por equipo: SD Compostela, Club Atletismo Sar e Club Triatlón Compostela.

5K: SoledadLeiro, Tania López, Daniela Bayón; Iago Pereira, Brais García e Miguel Alonso.

Sub-16: Daniela Bayón, Lucía Ageitos, Judit Barros; SergioSilva, Pablo Barreiro e Brais Redondo.

Sub-18: Tania López, Xulia Vidal, Lola Villar; aime Devesa, Sergio Pereira e Martín Cela.

20260207 Padron 10K Escolares 15

Categorías escolares

Sub-10: Noa Martínez, Jacqueline Cobos, Érika Flores; Adrián Alarcó, Alejandro Farias e Luca Ramos.

Sub-12: Alma Vicente, Mireia Díaz, Ainara Rivas; Mateo Vilela, Adrián Rodríguez e Dylan Alarcón.

Sub-14: Aitana García, Noa Vales, Julia Fagilde; Xabier Rodil, Nicolás Amado e Antonio Sanmartín.

 

Preme neste enlace para acceder á galería de fotos. 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…