-->

Natalia Outeiro ‘Pajarito’ é a gañadora do XXV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón

  • O galardón recoñece a interpretación a actriz no espectáculo ‘Serie Clopen’, coprodución do Centro Dramático Galego e a compañía Pista Catro  ||  
  • O xurado, presidido polo alcalde Anxo Arca, destaca as súas habilidades actorais, nomeadamente no ámbito do novo circo  ||  

20250303 Premio Maruxa Villanueva Padron

 

Natalia Outeiro Romay, coñecida como Pajarito, foi recoñecida co XXV Premio de Intepretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón, en recoñecemento pola súa interpretación no espectáculo Serie Clopen, coprodución do Centro Dramático Galego e a compañía Pista Catro.

O xurado, reunido o 10 de febreiro, ademais de polo alcalde, estivo formado por Inma López Silva, escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernándes; Afonso Becerra Arrojo, dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, membro do consello asesor do Centro Dramático Galego e membro do consello de redacción de revistas de teatro; Roberto Pascual Rodríguez, profesor da Escola Superior de Arte Dramática, dramaturgo e xestor cultural; e a funcionaria do Concello de Padrón María Cruz Taboada, que actuou como secretaria.

O xurado (na imaxe, nunha foto de arquivo) resaltou as habilidades actorais de Natalia Outeiro Pajarito, nomeadamente no ámbito do novo circo, e destacou o seu traballo cómico para todos os públicos na Serie Clopen, o seu dominio dos tempos en escena e a elegancia do seu humor.

Natalia Outeiro recibirá un premio en metálico de 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura coa imaxe da actriz Maruxa Villanueva nun acto de entrega que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón.

Con este premio, o Concello de Padrón reafirma o seu apoio á escena teatral e ao talento interpretativo galego, sumando esta iniciativa ao seu compromiso coa cultura e as letras, que tamén se reflicte no Premio de Narrativa Camilo José Cela e no Certame Poético Rosalía de Castro.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…