-->

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón cun orzamento de 789.000 euros

  • A UTE formada polas empresas padronesa e madrileña presentou a oferta máis baixa e un prazo de execución de 6 meses  ||  

  • A Xunta de Goberno Local ratificará o vindeiro martes a proposta que fixo hoxe a mesa de contratación  ||  

  • Cinco firmas presentáronse á licitación promovida polo Concello  ||  

 

A UTE formada pola empresa padronesa Elite e a madrileña Consvial será a encargada da reforma integral da escola infantil de Padrón, segundo o acordo que hoxe tomou a mesa de contratación, que adxudicou a obra a esta unión temporal de empresas de entre as cinco que se presentaron á licitación. As dúas firmas comprométense a reformar o edificio nun prazo de seis meses e cun orzamento de 789.314,31 euros, lixeiramente inferior aos 800.000 que tiña asignados o Concello como máximo.

A Xunta de Goberno Local de Padrón ratificará o vindeiro martes a proposta de adxudicación da mesa de contratación, que seleccionou a oferta de Elite e Consvial como a mellor das cinco presentadas. A esta proceso de licitación público e transparente tamén se presentaron outras catro empresas, “o que demostra o interese a solvencia do proxecto”, indicou o alcalde, Anxo Arca. En concreto, tamén presentaron ofertas Construcciones Iglesias Mera, Elecnor Servicios y Proyectos, Mármoles Orosa Miguel e Obras Excavaciones Construcciones Caamaño.

Ao coñecer a proposta da mesa de contratación, o alcalde resaltou que na unión temporal de empresas adxudicataria figure unha firma padronesa. Anxo Arca criticou que cando todo o mundo sabía que a reforma do edificio estaba en licitación “se difundisen mensaxes alarmistas” sobre a escola infantil. “Fronte ao ruído interesado, o Concello optou por seguir avanzando, con discreción e responsabilidade, cara a unha solución definitiva”, afirmou Anxo Arca.

Unha vez rematadas as obras, “Padrón vai ter unha escola infantil do século XXI, concibida para ofrecer espazos dignos, accesibles, saudables e plenamente adaptados ás necesidades educativas actuais, tanto das crianzas coma dos profesionais que traballan nela e das familias”, engadiu Anxo Arca.

O alcalde volveu recordar que a decisión do actual equipo de goberno socialista “resulta da responsabilidade ineludible” da reforma integral do centro, ante a situación do edificio anterior. Anxo Arca lembra os informes técnicos municipais nos que se advertía da existencia de condicións inadecuadas para a prestación do servizo no vello edificio.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…