-->

Padrón organiza unha xornada de actos, música e gastronomía para homenaxear a Rosalía de Castro

  • O Concello organiza o día 23 unha xornada institucional que inclúe a lectura de poemas por parte do alumnado dos institutos locais e a tradicional alborada

  • A hostalaría padronesa volve ser protagonista coas iniciativas ‘Caldo de Gloria’ e ‘Café con Verso’, implicando a preto dunha vintena de establecementos

 

O Concello de Padrón desenvolverá o vindeiro 23 de febreiro unha programación especial con motivo do Día de Rosalía, unha cita sinalada no calendario cultural galego que converterá a vila nun espazo de encontro arredor da poesía, a música e a tradición gastronómica.

A xornada en Padrón comezará ás 10.00 horas cunha saída desde a rúa do Sol ata a estatua de Rosalía no Espolón. O acto incluirá unha alborada cos Carapaus e a lectura de poemas por parte do alumnado dos IES Camilo José Cela e Macías o Namorado, promovendo a participación activa da mocidade nesta conmemoración.

Ás 14.00 horas, un total de 18 establecementos hostaleiros da vila ofrecerán a tradicional degustación do Caldo de Gloria, consolidada xa como unha das iniciativas máis representativas desta celebración. Os sstablecementos adheridos a esta iniciativa son: Bar A Esquina, Bar A Esquina 2.0, Pulpería Rial, Casa Farrucán, O Alpendre, Pizzería Entreríos, Século XX, A Casa do Patín, A Cambeira, Restaurante Chef Rivera, Bar Manolo, Cafetería Bámbola, O Descanso, O Secreto do Viño, Restaurante Buen Camino, Restaurante Don Pepe, Restaurante M3 e Taberna O Paraíso.

De maneira complementaria, Padrón Turismo impulsa a actividade Café con Verso, na que 16 establecementos repartirán entre a súa clientela tarxetas con versos de Rosalía, contribuíndo á difusión da súa obra a través dun formato próximo e accesible.  Os establecementos participantes en 2026 son: A Parada do Camiño, Pulpería Rial, Casa Farrucán, O Alpendre, Pizzería Entreríos, Bar Galicia, Século XX, A Casa do Patín, A Cambeira, Bar Manolo, Cafetería Bámbola, O Descanso, O Secreto do Viño, Restaurante Buen Camino, Restaurante Don Pepe e Restaurante M3.

Ademais, o Concello de Padrón estará representado nos actos institucionais que se celebrarán en Santiago de Compostela e na propia Casa de Rosalía.

En Santiago, ás 11.00 horas terá lugar un acto público con alborada e ofrenda na Praza de Vigo, seguido ás 12.00 horas do acto institucional no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), con lectura de poemas e actuación musical, así como posterior degustación do Caldo de Gloria.

Xa pola tarde, na Casa de Rosalía en Padrón, celebrarase ás 19.00 horas unha degustación do Caldo de Gloria con Iago Pazos (Abastos 2.0) e bolos do pote elaborados por mulleres de Mazaricos, rematando a xornada cun concerto de Uxía e Javier Ruibal no auditorio ás 20.00 horas.

O 23 de febreiro, Padrón volverá situarse como epicentro da homenaxe á súa escritora máis ilustre, combinando participación cidadá, actividade cultural e colaboración do tecido local.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…