-->

Padrón amplifica “o esforzo, a fortaleza e a voz” das mulleres na gala das Rumorosas 2026

Mariló Saco reafirma o compromiso do Concello coa erradicación da violencia machista, a promoción da igualdade laboral, a educación en valores e a visibilización do papel das mulleres  ||  

Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León recolleron o galardón Rumorosas 2026  ||  

Alcalde e subdelegado do Goberno presiden a entrega de galardóns nunha gala organizada en colaboración con CIM Terras de Iria  ||  

 

20260308 PADRON gala entrega premios Rumorosas 30

O Concello de Padrón reafirmou hoxe o “compromiso firme e innegociable coa igualdade real e efectiva” durante o acto institucional do Día Internacional da Muller. A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, afirmou a disposición do goberno municipal a “redobrar esforzos para construír unha contorna máis xunta, segura e equitativa para todas” e a render homenaxe “ás mulleres do noso municipio: ás traballadoras, ás coidadoras, as mozas que soñan cun futuro sen límites, ás nosas maiores que loitaron para conseguir o que hoxe temos e, como non, ás nosas Rumorosas”.

Precisamente, oito mulleres foron as protagonistas da gala de conmemoración do 8M, ás  a que este año se lles entregou o recoñecemento Rumorosas 2026: Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León. A entrega de galardóns estivo presidida polo alcalde, Anxo Arca, e polo subdelegado do Goberno, Julio Albalde, e na mesma tamén participaron Mariló Saco e a psicologa do CIM Terras de Iria, Mercedes Regos

Na gala conducida pola artista Sheila Patricia e organizada conxuntamente co CIM Terras de Iria, nestas oito galardoadas o Concello quere visibilizar e recoñecer este ano o papel fundamental de mulleres que, co seu esforzo diario e a súa excelencia profesional e humana, foron e son pezas clave no motor social e económico de Padrón.

Lola Paz, mestra de primaria durante 38 anos, dedicou a súa vida a educar dende o corazón e actualmente é piar fundamental no voluntariado de San Vicente de Paúl. Amparo Acosta simboliza a forza feminina no sector industrial. Foi unha das primeiras mulleres en integrarse na Picusa, á que dedicou máis de catro décadas de compromiso e constancia. Anabel Rivas, catedrática xubilada de Latín e Grego, formou a xeracións de alumnos e alumnas durante catro décadasconvencida de que a educación é rigor, pero tamén é gozo. Anabel lanza un aviso á mocidade neste 8M: “Creo que a xente máis nova está a baixar a garda. Debemos coidar e fortalecer, con responsabilidade, todo o que xa conseguimos”.

Para Carmen Osorio, á fronte da Tienda Mundial durante corenta anos, o futuro escríbese con unión: “Ás mulleres aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero con respecto, forza e determinación, somos capaces de acadar todo o que nos propoñamos”. Catalina Pereira, que actualmente forma parte da Selección Galega Sub-16, representa a forza dunha nova xeración de rapazas futbolistas. “Non debemos frear os nosos soños por ser mulleres”, asegura. María Teresa López actualizou a histórica Joyería Escotti, fundada en 1865, e destaca  pola súa seriedade, calidade e confianza nun ámbito tradicionalmente masculino.

“Necesitamos referentes e unha cultura que visibilice o traballo das mulleres na ciencia. É preciso educar con actitude e sen prexuízos”, asegura Verónica Blanco, bióloga e investigadora en biotecnoloxía na USC. Para Eneida León, adestradora personal que leva máis dunha década axudando a homes e mulleres a sentirse seguros e saudables, “o 8M é un momento para reivindicar os nosos dereitos e o esforzo que facemos para ocupar o mesmo lugar que os homes”. 

20260308 PADRON gala entrega premios Rumorosas 10

Manifesto institucional

Na lectura do manifesto institucional, Mariló Saco volveu ratificar o compromiso do Concello de Padrón coa “prevención e a erradicación da violencia machista”, reforzando programas municipais de atención a protección. Tamén “coa igualdade no ámbito laboral”, apoiando iniciativas que impulsen a conciliación e a corresponsabilidade. A “educación en valores igualitarios”, clave para garantir un futuro libre de discriminación, foi outro dos compromiso citados pola concelleira.

O Concello de Padrón tamén se compromete a “visibilizar o papel das mulleres na vida cultural, social e económica de Padrón, recoñecendo as súas achegas históricas e presentes”, asegurou Mariló Saco.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…