-->

Programa completo das Festas de Pascua de Padrón 2026

O 27 de marzo comezarán as Festas de Pascua de Padrón 2026 coa apertura das atraccións das Pascua.

O programa completo das festas é o seguinte:

 

27 de marzo. Venres

17.00h Apertura das atraccións das Festas de Pascua.

 

28 de marzo. sábado

09.00h XXXVII Raid Cabalar Pascua 2026. Proba puntuable para o Campionato Galego. Probas de 40km, 60km e 80km. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois con saída no Monte Santiaguiño.

 

Do 29 de marzo ata o sábado 4 de abril

10.00h Campionato de Tenis de Pascua 2026. Categorías absoluta, júnior, local e veterana. As finais celebraranse o sábado 4 de abril. Pavillóns do Souto e no do grupo escolar.

 

Do luns 30 ao domingo 5 de abril

10.00hCampionatos galegos de xadrez 2026. A Federación Galega de Xadrez convoca os Campionatos Xunta de Galicia de Semana Santa 2026, categorías sub-10, sub-12, sub-16, absoluto, feminino e veterano 2026. No Hotel Scala.

 

Luns 30 de marzo

16.30h XIII Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Categoría prebenxamín. Campo municipal Novo Campo do Doce, na Escravitude.

 

Martes 31 de marzo

16.00h XIII Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Categoría benxamín. Campo municipal Novo Campo do Doce, na Escravitude.

 

Mércores 1 de abril

15.30h XIII Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Categoría alevín. Campo municipal Novo Campo do Doce, na Escravitude.

 

Do xoves 2 ao vernes 3 de abril

09.00h Torneo SD Esclavitud. Nas categorías infantil (2 de abril) e cadete (3 de abril). No campo municipal Novo Campo do Doce, na Escravitude.

 

3 de abril. Venres Santo

19.00h Boxeo. Gran velada Clásica de Pascua. Nesta velada celebraranse oito combates de diferentes categorías. No pavillón do grupo escolar.

 

4 de abril. Sábado de pascua

10.30hXLV Carreira de Pascua. Carreira pedestre na que haberá participantes de tódalas idades. Dende a categoría sub-6, que percorrerán 80m, ata a proba absoluta, na que se percorrerán 13,3km. Haberá medallas para os participantes nas categorías escolares, trofeos para os/as tres primeiros/as de cada categoría competitiva e agasallos para todos os participantes. Máis información e inscricións na web  www.deporticket.com.

18.00h Inauguración da 53ª Feira Exposición de Maquinaria Agrícola e Industial. Ao lado da gardería municipal.

21.00h Pregón de Terio Carrera. Acto de inauguración das Festas de Pascua 2026 na praza de Macías, presentado por Sara Seco Rial. O xornalista da TVG Terio Carrera pronunciará o pregón da Pascua 2026.

22.00h Inicio das Festas de Pascua co primeiro pase daorquestra Olympus. Fondo de Vila.

23.30h Actuación de Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

01.15h Segundo pase da orquestra Olympus. Fondo de Vila.

02.45h Segundo pase de Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

 

5 de abril. Domingo de Pascua

09.00h 53ª Feira Exposición Maquinaria Agrícola e Industrial. Ao lado da gardería.

09.30h Retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos da Feira Cabalar. Campo da Barca.

10.00h Inicio dos concursos morfolóxicos da Feira Cabalar de cabalos de pura raza galega, de cabalos e eguas cruzados, de pura raza árabe e autónomico de ponis Gran Premio Concello de Padrón. 

11.30h Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Padrón.

12.30h Pasarrúas do grupo folclórico Arreixeira, que acompañará os Xigantes e Cabezudos.

13.30h Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón. Praza Macías.

14.20h Charanga Mekanika Rolling Band polas rúas.

21.00h Actuación de 9Louro. Praza de Macías.

22.00h Actuación da orquestra Panorama. Fondo de Vila.

01.00h Espectáculo Dj Matrek Show. Paseo do Espolón.

 

6 de abril. Luns de Pascua

12.00h Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Padrón.

13.00h Día de Santiago en Padrón. Recepción á Exma. Corporación do Concello de Santiago. Praza Ramón Tojo.

13.30h Concerto da Banda de Música Municipal de Santiago. Praza de Macías.

21.00h Actuación daorquestra Los Satélites. Recinto ao lado da gardería.

00.00h Actuación da orquestra París de Noia. Fondo de Vila.

 

7 de abril. Martes de Pascua

19.30h Día de Rianxo en Padrón. Recepción á Exma. Corporación do Concello de Rianxo fronte á estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón. 

20.15h Concerto da Banda de Música Municipal de Rianxo. Praza de Macías.

21.00h Actuación daorquestra Charleston. Recinto ao lado da gardería.

00.00h Actuación da orquestra Panorama City. Fondo de Vila.

 

Do mércores 8 ao venres 10 de abril

17.00hTorneo Chave de Pascua. Torneo de chave no que as persoas participantes competirán individualmente. Os días 8 e 9 de abril celebraranse as fases clasificatorias. O venres de Pascuilla, día 10, disputarase a gran final. O día 10 tamén se celebrará un torneo infantil. No Paseo do Espolón.

 

10 de abril. Venres de Pascuilla

13.00h Sesion vermú co Grupo Master. Paseo do Espolón.

22.00h Actuación da orquestra Marbella. Fondo de Vila.

23.30h Actuación de Nueva Línea. Paseo do Espolón.

01.00h Segundo pase da orquestra Marbella.

02.30h Open AirDumore. Paseo do Espolón.

04.00h Open Air. DJ Places.

 

11 de abril. Sábado de Pascuilla

12.30h Pasarrúas do grupo folclórico Rosalía de Castro con xigantes e cabezudos polas rúas do pobo.

12.45h Sesión vermú con UF75. Praza de Macías.

18.00h Actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro. Praza de Macías.

19.30h Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía. Praza de Macías.

20.30h Actuación da orquestra Atenas.  Recinto ao lado da gardería.

22.30h Actuación de La Fórmula. Fondo de Vila.

00.00h Fogos artificiais.

00.15h Segundo pase de La Fórmula. Fondo de Vila.

01.30h Open Air. Remember 90's-2000's.

03.00h Open Air. Jorge Álvarez.

 

12 de abril. Domingo de Pascuilla 

10.00h Ciclismo. 63ª Clásica de Pascua. XXXVII Memorial Francisco Rodríguez Pazos. Este ano a proba forma parte da Challenge Futura e acada nivel internacional coa categoría 1.2 do calendario UCI. Con 166 km de percorrido pasará por Padrón, Rois e Dodro, entre outros municipios. Saída e chegada no Campus Tecnolóxico Cortizo.

11.30h Pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía, que vai  acompañar os xigantes e cabezudos polas rúas.

11.40h Xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón. Igrexa de Santiago. Paseo do Espolón e Concello de Padrón.

12.30h Actuación do grupo folclórico Arreixeira. Praza de Macías.

13.30h Actuación do grupo folclórico O Pedrón. Praza de Macías.

18.00h Festival de bandas Capital do Sar. Praza de Macías.

Banda Artística de Merza
- Banda de Música de Castrelo-Cambados
Banda de Música Municipal de Padrón.

20.00h Actuación da orquestra Capitol. Fondo de Vila.

23.00h Actuación da orquestra Assia. Recinto ao lado da gardería.

 

18 de abril. Sábado

09.00h19ª Andaina Bisbarra do Sar. Proba oficial da Liga Ibérica de Sendeirismo de 50 kms. Percorrido polos municipios de Dodro, de Padrón e de Rois con distancias opcionais de 31 e 19 kms. A proba poderase facer camiñando ou correndo. Máis información e inscricións en www.andainabisbarradosar.com.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…