-->

Emma Méndez e Iñaki Pena gañan en Padrón unha Carreira de Pascua que xuntou 700 atletas

  • 400 persoas competiron na proba absoluta e outras 300 nas diferentes categorías escolares  ||  

  • O Club Atletismo Sar revalida o título como club con maior participación  ||  

  • Martina López Gestal e Martín Lestido foron os mellores padroneses na proba, e Fernando Sainz o máis veterano, con 76 anos  ||  

 20260404 Padron Pascua Emma Mendez lnhaki Pena ganan carreira Pascua 109

Padrón encheuse esta mañá de afeccionados ao atletismo para aplaudir aos 700 corredores e corredoras que participaron na XLV Carreira de Pascua en todas as categorías. Os gañadores da proba absoluta foron Emma Méndez Martínez (46:38), da Escuela Atlética Lucense, e Iñaki Pena-Manso Carral (43:43). A mellor atleta padronesa volveu ser Martina López Gestal, que subiu ao podo local acompañada por Martín Lestido, mentres que o trofeo ao atleta máis veterano foi para Fernando Saiz, do Atletismo Sar, club que revalidou o premio por contar co maior número de atletas participando.

A proba celebrouse na mañá deste sábado 4 de abril e converteuse nunha auténtica festa do atletismo localMesmo houbo tempo para cantarlle o ‘cumpleanos feliz’ a un dos atletas que estaba hoxe de aniversario

O alcalde de Padrón, Anxo Arcae eo concelleiro de Deportes, Luis Mariño, entregaron os trofeos ás persoas gañadoras nas distintas categorías.

Na proba absoluta feminina, Emma Méndez (46:38) impúxose con claridade a Soledad Leiro (53:45) e a Raquel Fernánez (55:03).

Na proba absoluta masculina os tempos estiveron máis axustados. Iñaki Pena-Manso necesitou 43:43 minutos para percorrer os 13,3 quilómetros, e cruzou a meta por diante de Pablo Carnero (44:11) e Jordi Carrasco (44:23).

O atleta máis veterano en completar a carreira foi Fernando Sainz, do Club Atletismo Sar, que aos seus case 76 anos segue a demostrar a súa paixón polo atletismo.

Os mellores atletas locais na Carreira de Pascua foron Martina López Gestal (56:51) e Martín Lestido Rey (44.46)

Na clasificación por clubs, o C.A. Sar volveu ser o equipo con maior número de participantes e acadou tamén o primeiro posto como mellor conxunto, por diante da SD Compostela e do Club Atletismo Brión Hyupersa.

 

20260404 Padron Pascua Emma Mendez lnhaki Pena ganan carreira Pascua 36

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…