-->

O Concello de Padrón abre este luns 4 de maio o prazo de inscrición para o programa Concilia Verán 2026

  • A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e desenvolverase durante os meses de xullo e agosto

  • Inclúe actividades educativas, lúdicas e saídas, favorecendo a conciliación das familias no período estival

 

O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns 4 de maio o prazo de inscrición para participar no programa Concilia Verán 2026, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período estival.

A actividade desenvolverase no CEIP Flavia e está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, cun horario de 7.45 a 15.15 horas, adaptado ás necesidades das familias.

O programa estrutúrase en tres quendas: a primeira do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 31 de xullo, ambas con 55 prazas; e unha terceira quenda do 1 ao 14 de agosto, con 15 prazas. O custo por participante será de 60 euros por quenda.

O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto entre o 4 e o 11 de maio, podendo realizarse no edificio de Servizos Sociais.

O Concilia Verán ofrecerá unha programación variada que combina contidos educativos con propostas de lecer, co obxectivo de promover a aprendizaxe a través da experiencia e o xogo. Entre as actividades previstas inclúense excursións á praia e á piscina con transporte, festas da espuma, festas holi, xornadas con inchables de auga, unha noitada nocturna e diversos obradoiros creativos con material incluído.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello de Padrón ou a través da sede electrónica municipal, empregando o modelo específico. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais ou contactar no teléfono 981 81 70 25.

Desde o Concello de Padrón destácase a importancia deste programa como ferramenta de apoio ás familias, ao tempo que se ofrece á infancia unha alternativa de lecer educativo, segura e de calidade durante as vacacións de verán.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…