-->

As Aulas Sénior de Padrón ofertan novas actividades deportivas para os meses de xuño e xullo

  • O programa inclúe ximnasia de mantemento e camiñadas saudables adaptadas á poboación maior

  • O prazo de inscrición abre o próximo mércores 13 de maio

 

O Concello de Padrón, en colaboración con ATEGAL, pon en marcha un novo ciclo de actividades deportivas dirixidas á poboación sénior durante os meses de xuño e xullo, no marco do programa das Aulas Sénior de Padrón.

A proposta está deseñada para fomentar o benestar físico e emocional das persoas maiores, ofrecendo dúas modalidades adaptadas ás súas necesidades. Por unha banda, a actividade de ximnasia de mantemento, que contará con dous grupos en horario de mañá, de 9.15 a 10.15 h. O primeiro impartirase os luns e os mércores e o segundo, os martes e os xoves. Cada grupo terá un máximo de 30 prazas.

O programa inclúe tamén camiñadas saudables, que terán lugar os martes e os venres de 9.00 a 10.30 horas, con 30 prazas dispoñibles.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a partir do vindeiro mércores 13 de maio no Centro Social – Aulas Sénior de Padrón, situado no Campo do Souto nº 2, ou a través do teléfono 981 811 329. O prezo da actividade é de 5 euros por persoa.

Con esta iniciativa, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa promoción de hábitos de vida saudables, a socialización e o envellecemento activo, favorecendo espazos de encontro e actividade física nunha contorna próxima e adaptada á veciñanza maior.


 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…