-->

Padrón celebra as Letras Galegas cun amplo programa cultural dedicado a Begoña Caamaño

  • Música, teatro e tradición coral protagonizan unha programación aberta á veciñanza durante o mes de maio

  • Comezará o venres 15 co espectáculo para público familiar ‘Brincadeiras da lingua’, de Migallas Teatro, e pecharase o sábado 30 co concerto de Uxía ‘Indómitas. Cancións begoñísimas’

  • O Festival das Letras Galegas, organizado pola Coral Polifónica Padronesa, terá lugar o sábado 16 de maio

 

O Concello de Padrón presenta a programación das Letras Galegas 2026, unha proposta cultural diversa e participativa coa que se rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño Rascado, figura á que este ano se lle dedica a celebración do Día das Letras Galegas.

Pensado para todas as idades, o programa desenvolverase ao longo do mes de maio e inclúe espectáculos familiares, concertos e o tradicional Festival das Letras Galegas, convertendo Padrón nun punto de encontro arredor da lingua e da cultura galega.

As actividades comezarán o venres 15 de maio ás 18.00 horas na Praza de Macías co espectáculo Brincadeiras da lingua, de Migallas Teatro, unha proposta dirixida ao público familiar que combina humor, música e participación arredor do noso idioma.

Na mesma xornada, ás 21.00 horas, a Praza de Macías acollerá o concerto Cantares da terra, a cargo de Mallou, nunha actuación que reivindica a música de raíz e a tradición oral galega.

XXXVIII Festival das Letras Galegas

A programación continuará o sábado 16 de maio coa celebración do XXXVIII Festival das Letras Galegas, organizado pola Coral Polifónica Padronesa. O evento terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal e contará coa participación da Coral Voces de Compostela, da Coral Feminina Barbanza e da propia Coral Polifónica Padronesa.

As Letras Galegas en Padrón pecharanse o sábado 30 de maio, ás 21.00 horas na Praza de Macías, co concerto de Uxía Indómitas. Cancións begoñísimas, unha proposta musical especialmente creada arredor da figura e do legado de Begoña Caamaño.

Desde o Concello de Padrón anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta programación cultural, pensada para poñer en valor a lingua galega, a creación artística e o papel da cultura como elemento de encontro e cohesión social.

O programa padronés das Letras Galegas 2026 conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…