-->

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos tras resultar escollida entre distintas propostas de toda España

  • O encontro reunirá máis de 350 representantes institucionais, empresas e especialistas de toda España entre os días 23 e 25 de outubro

  • A celebración do congreso reforzará a proxección nacional de Padrón e permitirá amosar o potencial cultural, natural, gastronómico e turístico do municipio

 

20260515 Padron visita congreso nacional directiva Pueblos Magicos España 2

O Concello de Padrón acollerá do 23 ao 25 de outubro o VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España, unha cita que converterá a vila no centro estatal do debate arredor do desenvolvemento territorial e do turismo sostible. A candidatura padronesa foi escollida entre todas as propostas presentadas por diferentes localidades de toda España para organizar un encontro que este ano coincide ademais co décimo aniversario da rede Pueblos Mágicos de España, integrada actualmente por 169 municipios.

A celebración deste encontro en Padrón permitirá reforzar a visibilidade do municipio a nivel nacional e amosar o seu potencial turístico diante de representantes chegados de toda España. Durante as xornadas desenvolveranse actividades e visitas que ofrecerán unha mostra dos recursos naturais, literarios, gastronómicos, culturais e deportivos cos que conta o municipio.

A pasada semana visitaron Padrón Noelia Guzmán, directora de Pueblos Mágicos de España, e Francisco Martín, presidente do Ecosistema Mágico de España, para avanzar na organización do encontro. Durante a súa estadía mantiveron unha reunión no Concello co alcalde, Anxo Arca; co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; coa concelleira de Turismo, Chus Campos; e co técnico municipal de Turismo, Alberto Rey. A delegación visitou tamén diferentes espazos do municipio, entre eles o auditorio do Campus Tecnolóxico Cortizo, un dos escenarios previstos para o desenvolvemento do programa, o Hotel Scala e o Pazo de Arretén.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou que a elección da vila como sede “supón un recoñecemento ao traballo que se está realizando para consolidar Padrón como un destino turístico de referencia, vinculado á cultura, ao patrimonio, á gastronomía e á calidade”. O rexedor subliñou ademais que o encontro “permitirá amosar a centos de persoas chegadas de toda España todo o potencial que ten o noso municipio e o importante papel que desempeña dentro do turismo galego”.

Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Chus Campos, sinalou que a celebración deste encontro “representa unha oportunidade para seguir posicionando Padrón dentro das redes turísticas estatais e para fortalecer a colaboración con outros territorios que apostan por un modelo de turismo sostible e ligado á identidade local”. Campos destacou tamén que o programa do encontro “amosará a diversidade de recursos cos que conta Padrón, desde o patrimonio histórico e literario ata a natureza, a gastronomía e a actividade cultural”.

20260515 Padron visita congreso nacional directiva Pueblos Magicos España 3

O encontro reunirá a máis de 350 asistentes entre representantes institucionais, empresas, especialistas e axentes vinculados ao desenvolvemento turístico e territorial. A programación estará orientada á creación de alianzas, ao intercambio de experiencias e á presentación de proxectos vinculados á dinamización económica e social do territorio.

A celebración deste encontro coincide ademais coa recente incorporación de Padrón á rede Pueblos Mágicos de España, converténdose na primeira localidade da provincia da Coruña en integrarse nesta iniciativa estatal. O municipio conta ademais co recoñecemento do Santiaguiño do Monte como Lugar Máxico de España, unha distinción que pon en valor este espazo emblemático. A adhesión á rede supón a participación de Padrón nunha estrutura de promoción turística que impulsa accións conxuntas, rutas temáticas e proxectos de visibilidade en feiras e plataformas especializadas.

O Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España contará coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Padrón, de Cortizo e doutras empresas vinculadas ao territorio. Nesta sexta edición, afondará no concepto dunha “España de oportunidades reais”, promovendo un modelo de desenvolvemento baseado na colaboración entre administracións, empresas e territorio para impulsar iniciativas sostibles e con impacto a longo prazo.

 

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…