-->

Padrón reivindica a diversidade cunha gran festa familiar polo Día do Orgullo, que pechará o concerto de Broken Peach

  • A programación incluirá un obradoiro de maquillaxe para todos os públicos e teatro familiar  ||  

  • A concelleira Mariló Saco lerá o manifesto institucional ás 13.00 horas  ||  

 

O Concello de Padrón conmemorará o vindeiro domingo 28 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha xornada festiva, participativa e aberta a toda a cidadanía baixo o lema Padrón con orgullo. A Praza de Macías converterase durante a mañá nun espazo de encontro e celebración da diversidade a través dunha programación gratuíta pensada para persoas de todas as idades. “Dende o goberno de Padrón defendemos un concello aberto, diverso e acolledor”, asegura Mariló Saco, concelleira de Igualdade.

A iniciativa busca promover valores como o respecto, a igualdade e a liberdade, ao tempo que contribúe a visibilizar a diversidade afectivo-sexual e de xénero desde unha perspectiva inclusiva e accesible para toda a veciñanza.

A programación arrancará ás 11.00 horas co obradoiro Rostros con orgullo, unha proposta de maquillaxe libre e sen xéneros impartida por Meiga-i, dirixida a todos os públicos. A actividade convida a experimentar coa creatividade e a expresión persoal nun ambiente aberto e participativo.

Ás 12.00 horas será a quenda de Migallas Teatro, que representará a obra familiar Elas pintan moito, un espectáculo pensado para desfrutar en familia e achegar ás crianzas e ás persoas adultas referentes femininos e valores de igualdade a través das artes escénicas.

A continuación, ás 13.00 horas, Mariló Saco lerá o manifesto institucional do Día do Orgullo. O programa pecharase ás 13.15 horas cun concerto de Broken Peach, unha das formacións galegas con maior proxección, recoñecida pola súa potente posta en escena e a súa capacidade para conectar con públicos de todas as idades.

Toda a xornada estará conducida por Meiga-i, que exercerá de mestra de cerimonias e dinamizadora das diferentes actividades.

A participación en todas as actividades será libre e gratuíta ata completar a capacidade dos espazos.

 

20260628 Padron con Orgullo hor

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…