-->

Padrón aposta polo talento galego no Santiaguiño do Monte cun programa que une tradición e cultura

  • O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron hoxe o cartel e a programación  ||  

  • Mondra, Kid Mount e XMaseda encabezan o cartel coa música galega actual dentro do III Festival Ultreia  ||  

  • A romaría do 25 de xullo, o Gran Derbi Asnal e unha ampla programación familiar completan nove días de celebración  ||  

  • Programa completo ao final da nova  ||  

 

O Concello de Padrón deu a coñecer hoxe o programa das festas do Santiaguiño do Monte 2026, que se celebrarán entre o 17 e o 25 de xullo. O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron unha programación gratuíta pensada para todos os públicos, na que conviven a tradición da romaría máis emblemática da vila con propostas musicais e culturais actuais.

III Festival Ultreia volverá ser un dos grandes atractivos das festas. A cita reunirá artistas que representan o dinamismo da música galega contemporánea. O sábado 18 actuarán XMaseda e Kid Mount, dous nomes emerxentes da escena urbana da nosa comunidade que están a abrirse paso cunha proposta innovadora e no noso idioma. A programación musical culminará o venres 24 coa actuación de Mondra, unha das figuras máis recoñecidas do panorama musical galego, que chegará a Padrón coa súa xira A Ronda, un espectáculo que fusiona música, danza e tradición desde unha mirada contemporánea.

Xunto a esta aposta pola creación musical galega, o programa inclúe unha ampla oferta de actividades para todas as idades: o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, teatro co Centro Dramático Galego, maxia co Mago Antón, circo con Antuán de la Cream, contacontos, espectáculos de rúa, a actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro, a festa infantil con inchables e escuma e o tradicional Gran Derbi Asnal.

O Concello de Padrón mantén o Gran Derbi Asnal (sábado 24, ás 20.00 horas no paseo do Espolón) despois da enquisa realizada o ano pasado, na que o 68,4% das 408 persoas entrevistadas manifestaran que debía seguir celebrándose. Ademais, o 62,6% consideraron que a carreira de burros non podía ser cualificada como unha forma de maltrato animal.

Romaría do Santiaguiño

O punto culminante chegará o 25 de xullo coa romaría do Santiaguiño do Monte. A procesión ata o monte, as misas na capela, a popular sardiñada con reparto gratuíto de cachelos, pan de millo e bolos preñados, as actuacións dos grupos folclóricos e as actividades para a cativada volverán converter esta celebración nun dos grandes encontros populares do verán galego. O Concello habilitará, ademais, un servizo de transporte adaptado para facilitar a subida ao monte.

Durante a presentación, Anxo Arca destacou que o Santiaguiño do Monte “é unha celebración que representa a identidade de Padrón e que combina como poucas festas a forza das nosas tradicións cunha programación cultural de primeiro nivel”. Pola súa banda, Chus Campos puxo en valor unha programación “diversa, participativa e pensada para que veciñanza e visitantes gocen dunha semana de festa na que a música galega ten un protagonismo especial”.

 

PROGRAMA SANTIAGUIÑO 2026

Venres 17 ás 21:00 h. 

Concerto do Coro Xacarandaina, do Programa Danza3 na rúa. Auditorio municipal

III FESTIVAL ULTREIA

22.30h Concerto MUSIC BOX THE BAND (pop rock nacional e internacional)

01.00h Marcos Magán

03.30h Dj Canhon

No Paseo do Espolón

 

Sabado 18 

III Festival ULTREIA

22.00h XMaseda65

23.00h Kid Mount

00.00h Dj Matrek “All night long”

no Paseo do Espolón

 

Luns 20 ás 21:00 h. 

11.00h Contacontos María da Pontragna. 'Un saco de contos'. Parque xunto xulgado. 

21.00 h Novo Circo. 'Antuán de la Cream' Praza Macías.

 

Martes 21 

21:00 h. Uxía Lambona e a banda molona. 'EEIII Carballeira'. Praza Macías.

 

Mércores 22 

21h. Actuación Centro Dramático Galego. 'Ñiqui Ñaque'. Praza de Macías

 

Xoves 23  

O Mago Antón. 'O romance do Conde de Cagliostro'. 

Campo do Souto (diante da Praza de Abastos)

5 funcións: 11:00 h. - 12:30 h. - 17:00 h. - 18:30 h. - 20:00 h.

21.00h Os monifates danzantes na Praza Macías.

 

Venres 24

17:00 a 21 h. Festa infantil,  no Campo do Souto (Ao carón do pabellón) Inchables e festa da espuma.

18.30h Festival grupo folclórico Rosalía de Castro. Convento do Carme

20:00 h. Gran Derbi Asnal. Paseo do Espolón.

 

III Festival ULTREIA

21.30 Charanga Támega polas rúas do pobo.

23:00 h. Mondra “A Ronda”. Campo do Souto

00.30 'Love the 90´s & 2000´s' (movida madrileña, reggaetón antiguo, dance e pop rock  en español e internacional). Paseo do Espolón.

 

Sábado 25. Dia do Santiaguiño do Monte

10.00h Misa na igrexa parroquial

10.30h Saída da tradiciónal procesión coa imxe do Santiaguiño Parrandeiro dende a igrexa parroquial.

11.00 Subida da procesión ao Monte Santiaguiño

11.30h Servicio de transporte adaptado para subir á Romaría do Santiaguiño. Saída do Campo do Souto cada media hora ata as 19.30h

12.00h. Misa na capela do Santiaguiño

12.00h Servicio de transporte adaptado saída do Santiaguiño cada media hora ata as 20.00h

13.00h Celebración da Misa Grande da Festa do Santiaguiño na Capela do Santiaguiño cantada pola Coral Polifónica Padronesa

13.30h. Comezo da tradicional Gran Sardiñada, co reparto do pan de millo, cachelos e dos bolos preñados, totalmente gratuíto.

Actuación dos grupos folklóricos O´Pedrón, Arreixeira, San Pedro de Carcacía, Rosalía de Castro, Xoldra e Banda de gaitas de Gondomar, que animarán durante todo o día a romaría.

15.30 a 18.30h Festa infantil con inchables de auga e deportivo, inchable para os máis peques, Dj con animación e festa de polvos Holy.

19.00h Baixada en procesión co Santiaguiño do Monte ata a igrexa parroquial.

20.00h Misa na igrexa parroquial.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…