-->

Padrón acende o Nadal cunha iluminación que sorprendeu a centos de persoas

  • Este ano conta con novos elementos de decoración, 200.000 luces led, 1 km de teitos luminosos, 120 arcos e 50 árbores iluminadas no casco urbano e no rural  ||  

  • Máis dunha ducia de empresas locais volven colaborar co Concello aportando 23.000 euros  ||  

  • O pasarrúas de Boneca Lareta Magic Brothers e a charanga El Tattoo fixo gozar a persoas de todas as idades  ||  

20261122 Padron acendido luces Nadal 5

Padrón converteuse este domingo no primeiro municipio da comarca de Compostela en acender a luces de Nadal, nun acto que sorprendeu a centos de persoas. Unha iluminación que este ano conta con novos elementos de decoración, 200.000 luces led, 1 quilómetro de teitos luminosos no casco urbano e que volveu contar coa colaboración do empresariado local. Máis dunha ducia de empresas aportan 23.000 euros para converter Padrón nun punto de atracción turístico deste Nadal en Galicia.

As rúas do casco histórico enchéronse de xente este domingo para darlle a benvida ao Nadal. Centos de persoas gozaron co pasarrúas de Boneca Lareta Magic Brothers. Nenas e nenos non podían disimular a súa sorpresa cando se achegaban a eles os bonecos inchables, que saudaron e animaron a bailar a todo o mundo ao ritmo da música da charanga El Tattoo. Tal era o ambiente en Padrón que decidiron percorrer dúas veces as rúas da vila.

A temática musical na praza de Macías sorprendeu a cativada. Moitos nenos e nenas achegáronse a tocar o piano, o contrabaixo ou a arpa que, xunto cun gramófono, iluminan a praza. A estrela de Belén en Fondo de Vila, o reno xigante na praza Ramón Tojo e a comitiva dos Reis Magos diante da casa consistorial son algunhas das novidades da iluminación navideña, que mantén a aldea de Nadal (na rúa Real) e a oficina máxica de Correos na praza de Baltar. 

Este ano o Concello volveu confiar en Iluminaciones Santiaguesas para “facer de Padrón un referente do Nadal en Galicia. Queremos que moita xente veña visitarnos e que merque no comercio e na hostalería local”, asegura a concelleira de Turismo. Chus Campos lembra que este ano se colocaron 200.000 luces led en todo o municipio e se instalou un quilómetro de teitos luminosos polas rúas do casco urbano. Tanto no casco urbano como nas zonas rurais puxéronse 120 arcos e ilumináronse 50 árbores “para que todos os padroneses e padronesas poidan gozar do Nadal”, engade.

Colaboración empresarial

Pola súa banda, o alcalde, Anxo Arca, volve agradecer a implicación dos empresarios locais co Concello. Máis dunha ducia de empresas aportan este ano uns 23.000 euros para axudar a sufragar o custo da iluminación e poder ampliar os espazos decorados tanto no casco urbano como no rural.

As empresas que participan nesta iniciativa son, entre outras, Cortizo,  Hotel Scala, Finsa, Grúas Estación, Elatisnor, Mármoles Orosa, Élite, Codega, Jardimaq, Tecven, Construcciones Sobrerrivas e Agroxardín. 

“Un ano máis vemos como a colaboración público privada beneficia a toda a cidadanía e permite reforzar en Parón iniciativas que dende o Concello propoñemos ás empresas da contorna”, asegura o alcalde, Anxo Arca, que destaca as numerosas felicitacións que recibiu pola decoración de Nadal.

20261122 Padron acendido luces Nadal 24

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…