A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso Dopazo, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, recibiron hoxe de mans do artista padronés Camilo Seira o deseño orixinal do cartel da Romaría de Santiaguiño do Monte, cuxa programación de actividades será presentada oficialmente o vindeiro venres.
Ángel Rodríguez agradeceulle a Camilo Seira "a súa colaboración desinteresada coa Romaría de Santiaguiño do Monte mediante a elaboración do cartel" e louvou a súa traxectoria "como emerxente artista polifacético, con múltiples traballos pictóricos e escultóricos repartidos pola xeografía galega".