A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso Dopazo, e a directora da oficina de Caixabank participaron na clausura da conferencia "Steps for senior ageing. Pautas para envellecer" ofrecida por María José Fares Varela, organizada nas aulas de ATEGAL Padrón.
O alumnado do curso neuronup, de estimulación cognitiva por ordenador, amosouse moi participativo nesta actividade, que buscaba formar e informar ás persoas maiores sobre hábitos saudables na alimentación, no exercicio físico e na estimulación cognitiva e emocional, empregando as tecnoloxías da información como fío condutor e como ferramenta de traballo.
Este obradoiro contou coa financiación de Caixabank, entidade que xa comprometeu a súa colaboración para o vindeiro curso das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL).